martes, 29 de diciembre de 2009

o duende do muiño


visitando o outro dia os muiños do río xesteiras, no concello de culleredo, nun dos que restauraron e están abertos(gracias a patada que lle debeu de dar algun a porta, non porque o concello de culleredo decidise deixalos abertos) saquei unhas fotos co flash da camara posto, a modo de iluminacion, e o pasar logo as fotos na casa descubrín esto nunha delas. Excuso decir que quedei sin palabras. habera que voltar de novo cunha linterna a ver si ainda sigue ali o duende do muiño.

vida sosegada?


nun dos claustros do mosteiro de samos atopamonos ca fonte das nereidas, e unha fonte moi ben tallada e esbelta, un traballo dos bos canteiros que sempre tivemos nesta terra de uvas e granito(parafraseando o título do libro de viaxes da escritora inglesa nina epton)pero non non enganemos, estamos nun mosteiro de clausura masculino, que fai alí unha fonte cunhas nereidas cuns peitos tan chamativos, e eses canos fálicos que saen da boca das nereidas? quen sería o abade nesa época......

ferroleando


encantame esta foto porque ben a ser unha metafora da cidade de ferrol. pobre cidade departamental, está de capa caida, perdendo poboación. Menos mal que todo queda en casa e o mesmo paso que ferrol perde naron vai gañando e xa casi ten tantos habitantes coma vilagarcia que para min non deixa de ser a octava cidade de galicia. Gustame ferrol pq é diferente, xa cando entras nela e te atopas co populoso barrio de caranza, que mais parece un barrio dunha grande cidade coma madrid ou barcelona que dunha galega de 75000 habitantes. Despois o barrio da magdalena, ata que se creou no seculo dazaoito dame a min que non existian ruas tan rectas nesta terra nosa. pero o que mais me gusta de ferrol e o parque reina sofia que está cheo de pavos reais. entrar nel e unha experiencia do mais onírico sobre todo se viches al peliculas de emir kusturica. o principio ves un ou dous pavos alí e non che chama tanto a atención, pero de repente miras para unha das arbores porque che pareceu ver que algo se movia e atopaste que arriba dela hai outro pavo real mais, miras para o do lado e ves a outro mais e é xa cando empezas a alucinar, despois segues andando e atopaste a mais pavos paseando a sua bola mirandote indiferentemente como pasando de ti, e xa chegando o edificio que ten o parque nun lado e que creo que é a oficina de medio ambiente do concello( que mellor lugar para poñela non) ves que polo tellado pasea outro pavo real pavoneandose diante tua como dicindo: sube se eres capaz.

lunes, 28 de diciembre de 2009

arbores de pedra


A dia de hoxe ainda non sabemos que significan as espirais de pedra que atopamos talladas nas rocas de Galicia, eses circulos concentricos tan alucinantes e que se repiten en moitas partes da terra. Ou quizas si? hai vai a miña humilde teoría, veuseme a cabeza unha tarde de vrao cando andabamos a visitar campolameiro, un bonito concello do interior da provincia de pontevedra. Son ARBORES!!! fixadevos ben cando vexades un. cada circulo concentrico representa que a arbore vai crecendo, son as ramas, e o fio que sae do interior e o tronco. e o burato central representa a semilla. Ten moita loxica(ou eu polo menos lla atopo) que sexan arbores, das que sacaban alimento, combustible para o lume, e madeira para construir casi todolos seus utensilios. menos mal que este blog non o lee casi ninguen e que a miña humilde opinión e personal. ademais, se representaban animais e o velos sabemos que son animais, representaban armas, e o velas vemos que son armas, pq as espirais ian a ser mapas astronómicos de medición?, por non decir zonas de contacto ufologico.... fai 5000 anos non se paraba tanto a xente a andarse con andrómenas celestes, a vida era moi dura para perder o tempo. a maxia estaba nos propias arbores, e nas augas e mais nunha terra como a galega. PD: está e unha opinion personal e intransferible jajajaja

domingo, 27 de diciembre de 2009

a que hora pasa o que vai para coruña?


Sempre que pasei polo concello de cambre o primeiro que se me ven a cabeza e o bosque animado, a que eu personalmente considero a mellor novela sobre galicia, ainda que esté escrita en castelán. onde andará o fendetestas? e tanta a sua sona que moitas veces que te pos a falar con xente maior sobre bandoleiros, creen realmente que era un de verdade. pero por desgracia, se lle sacamos o pedazo pequeno da fraga de cecebre, a via do tren e algun toponimo mais que se mencionaba no libro como lema ou orto nada nos leva a pensar que no cambre de hoxe en dia está ambientada a novela de fernandez florez, pero logo un dia, pasas por cambre pq che queda de camiño para outro sitio, miras para unha marquesina e ali de supeto aparece o bosque animado con toda a sua maxia. pq si non estuveramos en cambre diriamos: que carallo fai un parauguas e un gato esperando o bus?

burro dis?


e din que o burro e burro? jajaja non será o reves? para mostra esta foto. quen é o que traballa e quen está tirado no campo disfrutando do solete. Seran felices on animais? sempre me pregunto o mesmo cando vexo algun no campo

jueves, 24 de diciembre de 2009

torres do allo con cebola


A las afueras de Baio, en el concello de Zas, encontramos las torres do allo, un bonito ejemplo de pazo renacentista en terras da costa da morte. Siiiiiiiiii!!!! no nos engañemos, lo que mas llama la atención no es que sea renacentista, sino su nombre allo, ajo en gallego, pero lo mas gracioso es que si seguimos la carretera que va a coruña, a un km mas o menos de este pazo esta el lugar de cebola de abaixo, y como no hay dos sin tres, a su lado tenemos cebola de arriba!!!!!!!!!!!!!!. Zas, legumbresland.