domingo, 28 de febrero de 2010

que fai ese no balcon


A quen non lle pasou algunha vez cando foi a coruña, e pasou por diante do balcon ese, por un instante pensar: que carallo fai o tipiño ese mirando co catalexo ese????

sábado, 20 de febrero de 2010

a rectoral de san xoan de fecha


encantame o rural de santiago. pasalle como a cidade vella, que cada día descubres algunha cousa nova que te sorprende. o outro dia, despois de confundirnos de estrada, aparecimos na capital da parroquia de san xoan de fecha, e alí de supeto apreceron as ruinas de casa rectoral. mais parecia un pazo que a casa do cura.en tempos debeu de ser unha parroquia con moitas rendas, para que o cura tivese ese semi pazo. na aldea andaba un home carretando toxo do remolque do tractor para a corte das vacas, e pergunteille si o edificio era a casa rectoral(por entablar conversa), pero o home fixose o avioneta, pergunteille outra vez, e ca man tocouse a orella como dando a entender que non escoitaba. o principio pareceume que pasaba de min, pero cando estábamos xa a marchar apareceu ali, andando despacio, con ese aire de quen sabe que esperan por el, colocouse ben o chaleco que levaba por riba do mono de traballo, meteu a man despacio nun bolsillo, sacou un pitillo e un chisqueiro e quedouse mirando disimuladamente para nos como dicindo: perguntade o que queirades, aquí estou eu. fíxonos moita gracia toda a parafernalia que fixo, paseniñamente, como pasan as cousas no rural.

viernes, 19 de febrero de 2010

embalse de portodemouros


encantame o embalse de portodemouros porque nel sucede unhas das tantas curiosidades que temos nesta nosa terra. podemos pasar do concello de vila de cruces na provincia de pontevedra, o concello de santiso na da coruña nun transbordador, e viceversa, o mellor, que como é un servicio público non nos custa nada. asi que, acercaste alí, e si o azulon primeiro(asi e como se chama o barco) está na outra orilla, premes nun timbre como si chamases o da tua casa e o momento o barco encende os motores e ven hacia ti. totalmente surrealista, ver un barco nun embalse, e mais ainda en terras do interior. sempre que vexo estas cousas asi curiosas, vénseme o mesmo pensamento a cachola, canta xentiña viria aquí solamente para poder meter seu coche dentro do azulon primeiro e pasar a outra orilla do embalse, e así potenciar o turismo nestas zonas.

a cruz que matou os grelos


a que parece que esa cruz de granito, que atopamos na estrada que vai da vila de malpica a parroquia de barizo(terra de meigas e supersticións) matou os grelos.....jajajaja

lampai terra máxica


encantame visitar sitios con encanto pola noite, sempre que teñan iluminación, claro está. visitando unha vez as terras altas do concello de teo, na parroquia montesía de santa maria de lampai, despois de visitar a capela de santa ana,acercamonos a igrexa parroquial, que formaba parte dun antiguo mosterio medieval. abrin a porta da antigua casa rectoral(encantame entrar en sitios "prohibidos")e de supeto apareceron dous cabalos, un todo de color branco e o outro todo de color negro. era unha noite fria de inverno, con lua chea, e o cabalo negro parecía a noite e o branco a lua. acercaronse os dous a min pero o negro non se deixou acariñar, mentras que o blanco si, despois de acariñaralo un pouco e falar con el, mentras que o negro guardaba as distancias e mirabame como con desconfianza, despedimonos. a porta era desas de duas follas, das que podes abrir a parte de arriba ou a de abaixo. eu cerrei a parte de abaixo pero deixei a de arriba aberta, e o momento o cabalo branco asomou a cabeza e se quedou ollando fixamente para min, e ahi percibin que ia pasar algo extraño, e así foi, o outro cabalo, negro como a noite, separou ca cabeza o branco como a lua e despois, tamen ca cabeza fechou a parte de arriba da porta. uns intres despois, as nubes negras fixeron desaparecer a lua.

lunes, 15 de febrero de 2010

ferveda de san paio


encantanme as fervenzas, o seu poder de atracción, como conseguen deixarte coma extasiado mirando para elas. perto de santiago, no concello de carballo, atopámonos ca ferveda de san paio. a auga non conseguiu erosionar as rocas nese lugar e cae en picado, deixando o seu paso unhas panorámica poderosa e enfeitizante.

miércoles, 3 de febrero de 2010

horripolis a cidade dos horreos


perdido na terra de montes, atopamos un conxunto etnográfico do mais chamativo. un conxunto de 17 horreos coñecidos como a eira da hermida. chama a atención ver tanto horreo xunto sobre todo pola dispersion xeografica de sempre de galicia. parece unha cidade de horreos, unha horreopolis(din que unha vez atoparon nun control maritimo militar un horreo desmontado en pezas e os militares creeron que era un templete grego). entre os horreos paseaba un señor maior, con rasgos de emigrante retornado, a pasar os ultimos anos da sua vida a terra que o viu nacer. o volver a atopalo na aldea falamos con el, e nos contou que estivera toda a vida emigrado en venezuela, pero que non era desta aldea sinon de outra do lado, pero que viñera a dar unha volta por esta, pois de mozo tivo aquí algunha novieta, e o dicilo o rostro dese señor maior voltou a brillar como cando andaria a mozear por esta terra de montes. despois de falar un largo rato con el e despedirmonos, apareceu como "por casualidade" unha señora da aldea(cunha bañera na man en plan disimulo) e o vela, o señor soltoulle con retranca: anda canto tempo sin vermonos rapaza. a frase esa abarcaba de tempo uns 40 anos.............