jueves, 3 de febrero de 2011

o pedron de padron




Na igrexa de santiago de padrón, sucede algo ben curioso e chamativo. O planing sería este. chegamos a padrón, acercamonos a igrexa, entramos, acercamonos o altar maior, e alí seguramente atopamos o sacristán. amablemente pedimoslle se nos pode ensinar o pedrón. Ata ahí todo ben....o curioso ben cando nos da a entender que si a firmando ca cabeza. erguese da silla, acercase a parede, preme un botón e........ o altar maior empeza a abrirse como se fose unha porta, e debaixo del, metido nun oco, aparece unha ara romana, a que a tradición xacobea designa como a pedra donde os discipulos do apostolo santiago amarraron a sua barca cando chegaron a terras de gallaecia. probade de ir, vale a pena!!!

o campanario exento de san cibran




Nas terras da barcala, no concello da baña, chama a atención atoparnos cunha inmensa carballeira, na parroquia de san cibrán, por certo, bastante ben coidada, e no medio dela como surxindo da terra como os mesmos carballos, atopamonos cun campanario exento. a igrexa atopase uns cen metros mais abaixo, como nunha ondonada. e as casas da aldea, moito mais enriba. Seguramente o campanario atopase separado da igrexa, porque asi, o tocar as campas, sentirianas mellor. Na baña debia de levarse contruir as igrexas en sitios así, pois a uns kilometros de alí, tamén nos atopamos con outro campanario exento e a igrexa tamén metida no fondo do val.

santiaguiño do monte




Nas aforas da coruñesa vila de padrón, atopámonos enriba duns penedos ca figura do apostolo santiago, o que aquí cariñosamente, como somos os galegos ca nosa lingua, chamanlle santiaguiño do monte, como se fose un habitante mais de padrón. Había que cristianizar estes penedos polos ritos precristians que se levarian a cabo ali, e optaron polo apostolo santiago, xa que padrón é unha vila de longa tradición xacobea. O sitio está moi chulo xa que ten unhas fermosas vistas. Esse santiaguiño do monte!!....de padrón de toda la life nenoo.