viernes, 14 de octubre de 2011

costa de imende



















Pasando a pedra da sal, a última zona habitada da carballesa praia de baldaio, atópase un tramo de costa totalmente salvaxe, tanto que nin estrada asfaltada ten, hai que ir pegados a costa por unha pista de terra e deixarse sorprender por esta por sorte, cuasi virxe paisaxe, reino dos surfeiros e dos pacientes pescadores de cana nas rocas. os cantís non son moi altos, pero despois as últimas montañas das terras de carballo chegan literalmente o bravo atlántico, formando uns miradores dignos do paraiso. deixo que as fotos falen por si solas, aqui o dito de vale mais unha(ou varias) imaxes que mil palabras, venlle o pelo!!!!

santuario das ermidas













Literalmente perdido entre ladeiras escarpadas, tapizadas por viñedos dos que sae o bo viño de valdeorras e tamen o da ribeira sacra, discurre o descoñecido río bibei, neste caso polo ourensán concello do bolo. nunha destas ladeiras habia fai moitos anos unha cativa capela, dedicada a virxe. un dia o bispo de astorga(estas terras de fronteira con castela pertencen a diocesis de astorga), tivo unha enfermidade moi grave e decidiu como sempre.........rezarlle a virxe desta capela, e como por arte de maxia, sanou. como agradecemento decidiu construir este maravilloso conxunto arquitectónico que pende literalmente da ladeira, composto pola igrexa, unha escola para estudar os curas e un sorpendente via crucis no que todos os pasos contan con estatuas talladas. este sitio talmente parece unha loita para ver quen consegue algo mais sorpendente, ou a natureza que aqui mostrase en estado de gracia, ou o bispo que tamén parecía mostrarse..... se vades algun día non perder de bañarse nas limpas e cristalinas augas do tan descoñecido como fermoso río bibei. aqui non hai bar...... non vive ninguén. foi a respota directa, concisa, chea de razón e explicativa que nos deu un señor cando andabamos a buscar un pola aldea.

os horreos de imo







En terras de dodro, donde o ulla empezase a converter na ría de arousa, atopámonos ca curiosa aldea de imo, unha amalgama de casas separadas por estreitas ruas nas que moitas están cubertas por tellados de viñas,e donde se vades no verán con estirar un pouco a man poderedes coller algún racimo para resfrescarse do verán destas terras que tan ben supo promocionar rosalía de castro nas suas poesias. Se subimos dende a estrada que vai para boiro, e atravesmos todo o caseríó, enriba de todo abrese unha inmensa praza que antiguamente era a eira comunal, e os seus pes, aparece este conxunto de horreos de pedra, cas paredes de madeira. toda unha grata sorpresa nestas terras prelitorais da provincia de coruña. chove miudiño miudiño chove, pola banda de laiño pola banda de lestrove!!!!!

a ponte do demo



Na terra de deza, no concello de silleda, atópase a ponte do demo. unha fermosa ponte de granito que salva o rió que lle da nome a estas terras centrais da galicia, o deza. o lugar é máxico, o río transcurre por fermosas paisaxes, e para salvalo, os monxes do mosteiro de carboeiro construiron esta ponte. leva o nome de ponte do demo pois conta a lenda que os monxes como non daban rematado a ponte pidironlle axuda o mismísimo demo e este a cambio, levariase algunhas animas consigo. os monxes que tontos non eran, fixeron unha especie de rito polo que protexeron as animas, e así o demo non puido levalas consigo o rematar de construir esta ponte.

sábado, 1 de octubre de 2011

san pedro de rocas







No concello de esgos, englobado na riboira sacrata ourensán, atopase, perdido literalmente entre peñascos, co antigo eremitorio de san pedro de rocas. A igrexa e troglodita, das que estan literalmente excavadas no terreno. O interior e húmido e sobrecolledor, entre a pouca luz que ten e o chan que está todo cheo de tumbas antropomorfas. no exterior, o que mais chama a atención e a espadaña, que está exenta, enriba dunha grande rocha granítica, como querendo facerlle de peineta a esa inmensa mole petrea. o apelido venlle o pelo........de rocas, san pedro de