sábado, 10 de noviembre de 2012

a igrexa de luaña


Hai topónimos que chamán a atención por algún motivo, e tendemos sen coñecer o sitio a otorgarlles certos rasgos, a min personalmente dende que escoitei o topónimo luaña, que é unha parroquia do concello de brión meu maxín sempre me levaba a algo máxico, esotérico algo desa vella galicia lendaria. Así que un día decidín ir a luaña, as high lands de brión jajaja, e resulta que si, alí había ou ainda hai algo desa galicia máxica. resulta que na igrexa parroquial, faciase un ritual que consistía en  levar o enfermo ou posuido a igrexa, e na porta lateral facer unha cruz con alimentos e cabelo da persoa ou do animal que se quería curar, o rito tiñano que facer tres mulleres  que ninguén sabía quen eran. chamábanlles as feiticeiras. tiñan un cravo e poñiano na cruz e o enfermo tiña que dar tres voltas o redor da igrexa e en cada unha, morder o cravo(supoño que cando era de sandar un animal obviarian esta parte), despois dar unhas reviravoltas e tirar o cravo o chan e así remataba o ritual. seique unha vez, contaba a señora que estaba tuneando o interior da igrexa polas festas do patrón san xulian, que seu irmán fai anos nos tempos da posguerra e da fame, vira unha vez como as feiticeiras facian o rito sen que o viran a él, e o rapaz aproveitou cando ninguén o viu, para coller os alimentos que formaban a cruz, rosquillas, chiculate e froita e escapar con eles para darse un festín, e claro cando despois de darlle a volta a igrexa as feiticeiras e o enfermo viron que os alimentos non estaban........... imaxinádebos o susto que levaron!!!

viernes, 9 de noviembre de 2012

A FERVENZA DE CODESO

Na coruñesa comarca da ulla, no concello de boqueixón, na parroquia de codeso na aldea de ardesende, despois de pasar a capela que alí se atopa e enfilar por un desfiladeiro tuneado cunha longa escaleira de madeira e despois de andar un anaco por unha angosta congostra desas as que os raios do sol nunca nunca chegan....chégase a "non coñecida" fervenza de codeso, e digo non coñecida porque apenas ninguén a coñece. Nesta terra lévase moito iso, mil horreos pois toma ya,  que o único famosete é o de carnota, mil fervenzas, pois o mesmo, a do ézaro, e a do toxa en silleda, etc etc. habería que empezar a reinvidicar estes sitios que teñén moito encanto e pouca xente a visitalos, ou por outra parte casi mellor que sigan así sen tanto turisteo xa que así seguen conservado un aquel de misterio e sorpresa agradable donde menos imaxinas...........quen nos ía decir a nos os de compostela que ahí o carón en boqueixón a unhas pedaladas de bicicleta, teriamos esta fermosa fervenza choutando entre carballos!.