viernes, 9 de marzo de 2012

o fogar de breogan

o muiño e unha verdadeira obra de arte en miniatura.


tiña gañas de coñecer este sitio, ademais chamase fogar como o do santiso e está na parroquia lalinense de santiso, o que facia que ainda tivese mais gañas de coñecelo.




unha das entradas é un enorme bocoi













así que un día.....deixamonos caer por alí. o fogar de breogan e un sitio curioso si, algo indefinible, quizás quedarialle ben a etiqueta de parque temático de galicia, vamos, unha churrasqueria de toda la life pero tuneada con motivos galegos, como a palloza, o mini muiño de pedra o que nin a auga lle falta para mover a roda, e ata unha piscina.... non quero imaxinarme a xentiña toda borracha, nunha tarde de moito calor bañándose ali...... todo son suposicións claro esta. as camareiras visten cun traxe de bailar a muiñeira, e unha das entradas imita un enorme bocoi de madeira. o sitio mezcla a pedra, a madeira e algunhas cousas novas sen ningún pudor, vamos, un parque temático galego nas vellas terras do deza.

gaxate













Hai sitios sorprendentes polo que de diferentes a norma son, eso mesmo é o que os fai particulares, e dalles certa personalidade de sitio distinto. un deles e a aldea de gaxate, no pontevedrés e montesio concello da lama, à que a maioria lles sonara simplemente e por desgracia, polas noticias: ingresa no carcere da lama..... bla bla bla, pero por sorte, ademais de talego, neste concello atopase gaxate, unha aldea toda ela che de enormes mansións, caseróns que nos retrotraen a principios do seculo vinte, si, aqui non che hai horreos, nin cortellos, era unha aldea de guiris, maiormente de vigo ou fillos da emigración que fuxiron do agobio da cidade(xa naquela epoca), e construiron estas vivendas non lugar alto, con aire puro. outra cousa curiosa e chamativa e a especie de peto de animas que se atopa o carón da ponte, pintando con vivas cores coma os pobos mariñeiros. se ides non facer coma min que pensei que unha casa ca porta aberta e vendoselle o salón tamén decorado rollo antiguo cos mobles de fai 50 anos polo menos, era unha taberna de toda a vida, e resulta que non, que era unha casa particular jajaja.

sábado, 3 de marzo de 2012

o mosteiro de melon




Hai terrazas, kitchs, terrazas horterillas, de andar por casa, de barrio de toda la life neno, de pobo,fisnas, de postureo, de deixarse ver ou ser visto, etc etc etc..........pero para min persoalmente, a terraza mais orixinal na que me tomei algo na miña vida, foi a que se atopa dentro dun dos claustros semi ruinosos do mosteiro de melón,todo un pracer para a vista e os sentidos tomarse algo rodeado de pedras cheas de historia, desta terra histórica de por si que é o sempre sorprendente ribeiro. sempre me chamou a atención o topónimo melón.......jajajaja, e xa postos, tamén na provincia de ourense, o de sandias, con tilde na segunda a, pero si lla sacamos....

a ponte taboada







Nas vellas terras do deza, vertebradas polo rio do mesmo nome, atópase a ponte taboada. unha vella ponte, tan vella que o seu nome deriva de pons tabulata, referíndose a unha antiga ponte de madeira que existia no lugar que hoxe ocupa esta e que nos permite pasar dunha beira a outra do rio deza. a nos e a os pelegríns que van cara a santiago, pois esta ponte e un hito no camiño do sudeste ou via da prata. vale a pena acercarse ata ela polo simple feito de que está no medio da natureza e por sorte ningunha estrada asfaltada chega ata a ponte, vamos que de sempre foi unha ponte para transeuntes e carros do pais, que cantaban por estas vellas terras do deza.!!!





viernes, 6 de enero de 2012

a acròpole de monterrei







Señoreando a chaira de monterrei, impoñente na súa grandiosidade, atópase o conxunto monumental de monterrei, composto polo castelo, a igrexa, o hospital de peregrinos( xa que a vía da prata pasa por estas terras de camiño a santiago) e unha cativa aldea. Nesta acrópole medieval foi donde se imprimiu o primeiro libro escrito en galego, o misal de monterrei. Decir que ainda que a acrópole quede o carón de verín, non pertence a este concello si non o de monterrei, juer cantas veces repito a palabra jajaja. pódese subir arriba de todo no coche pero vale a pena subir andando para ir vendo como se abre ante a nosa vista a gran depresión chea de viñedos cos que se fai o viño de, si de monterrei, ese mismo neno, e o fondo as terras de portugal. cando estedes arriba fixadevos que os canóns apuntan o pais veciño.

martes, 15 de noviembre de 2011

os muiños de riamonte







No concello de ames, no val da mahia, atòpanse os muiños de riamonte, no rio do mesmo nome. estes dez muiños en ruinas menos un par deles restaurados, van subindo pouco a pouco por un val cuberto de vexetación autóctona. e como unha porta a outro tempo, tempo de muiñadas nocturnas e de festa rachada mentras se esperaba o turno para moer. arriba de todo do rio, os veciños fixeron un pozo enorme para asi ter auga e poder moer todo o ano. ainda que agora poda parecer sorprendente polos malos accesos que teñen os muiños a maioria das veces no fondo de vales polos que baixa encaixado o rio, non fai moito tempo os xovenes do rural, ian de noite de ruada, vistando os muiños para ligar cas mozas que ian a levar os sacos de grano para moer. poderiase decir que os nosos muiños eran os pubs e discotecas dun pasado non tan lonxano!!!

o castelo de pambre













Por fin, despois de varias visitas exteriores o castelo de pambre, puden coñecer o seu interior. chama a atención as casas que ten dentro do recinto, coma se fose una aldea dentro dun castelo. O castelo está en ruinas ainda que as torres seguen señoreando estas terras da sempre sorprendente comarca da ulloa. outra cousa chamativa é que o castelo está cheo de carteis avisando do perigo polo can que vixila estas nobles ruinas, e a verdade é que calqueira que fose cando o castelo estaba pechado a xente, sorprenderiase de ver sair por unha mini fiestra a grande cabeza dun can ladrando sen parar. e mais os "listos" que saltaron o muro para entrar e recibiron algún mordisco deste can tan defensor do castelo como na epoca medieval os defensores do recinto contra os ataques dos irmandiños(contase que foi a unica fortaleza de galicia que os irmandiños non puideron tomar).

viernes, 14 de octubre de 2011

costa de imende



















Pasando a pedra da sal, a última zona habitada da carballesa praia de baldaio, atópase un tramo de costa totalmente salvaxe, tanto que nin estrada asfaltada ten, hai que ir pegados a costa por unha pista de terra e deixarse sorprender por esta por sorte, cuasi virxe paisaxe, reino dos surfeiros e dos pacientes pescadores de cana nas rocas. os cantís non son moi altos, pero despois as últimas montañas das terras de carballo chegan literalmente o bravo atlántico, formando uns miradores dignos do paraiso. deixo que as fotos falen por si solas, aqui o dito de vale mais unha(ou varias) imaxes que mil palabras, venlle o pelo!!!!

santuario das ermidas













Literalmente perdido entre ladeiras escarpadas, tapizadas por viñedos dos que sae o bo viño de valdeorras e tamen o da ribeira sacra, discurre o descoñecido río bibei, neste caso polo ourensán concello do bolo. nunha destas ladeiras habia fai moitos anos unha cativa capela, dedicada a virxe. un dia o bispo de astorga(estas terras de fronteira con castela pertencen a diocesis de astorga), tivo unha enfermidade moi grave e decidiu como sempre.........rezarlle a virxe desta capela, e como por arte de maxia, sanou. como agradecemento decidiu construir este maravilloso conxunto arquitectónico que pende literalmente da ladeira, composto pola igrexa, unha escola para estudar os curas e un sorpendente via crucis no que todos os pasos contan con estatuas talladas. este sitio talmente parece unha loita para ver quen consegue algo mais sorpendente, ou a natureza que aqui mostrase en estado de gracia, ou o bispo que tamén parecía mostrarse..... se vades algun día non perder de bañarse nas limpas e cristalinas augas do tan descoñecido como fermoso río bibei. aqui non hai bar...... non vive ninguén. foi a respota directa, concisa, chea de razón e explicativa que nos deu un señor cando andabamos a buscar un pola aldea.

os horreos de imo







En terras de dodro, donde o ulla empezase a converter na ría de arousa, atopámonos ca curiosa aldea de imo, unha amalgama de casas separadas por estreitas ruas nas que moitas están cubertas por tellados de viñas,e donde se vades no verán con estirar un pouco a man poderedes coller algún racimo para resfrescarse do verán destas terras que tan ben supo promocionar rosalía de castro nas suas poesias. Se subimos dende a estrada que vai para boiro, e atravesmos todo o caseríó, enriba de todo abrese unha inmensa praza que antiguamente era a eira comunal, e os seus pes, aparece este conxunto de horreos de pedra, cas paredes de madeira. toda unha grata sorpresa nestas terras prelitorais da provincia de coruña. chove miudiño miudiño chove, pola banda de laiño pola banda de lestrove!!!!!

a ponte do demo



Na terra de deza, no concello de silleda, atópase a ponte do demo. unha fermosa ponte de granito que salva o rió que lle da nome a estas terras centrais da galicia, o deza. o lugar é máxico, o río transcurre por fermosas paisaxes, e para salvalo, os monxes do mosteiro de carboeiro construiron esta ponte. leva o nome de ponte do demo pois conta a lenda que os monxes como non daban rematado a ponte pidironlle axuda o mismísimo demo e este a cambio, levariase algunhas animas consigo. os monxes que tontos non eran, fixeron unha especie de rito polo que protexeron as animas, e así o demo non puido levalas consigo o rematar de construir esta ponte.

sábado, 1 de octubre de 2011

san pedro de rocas







No concello de esgos, englobado na riboira sacrata ourensán, atopase, perdido literalmente entre peñascos, co antigo eremitorio de san pedro de rocas. A igrexa e troglodita, das que estan literalmente excavadas no terreno. O interior e húmido e sobrecolledor, entre a pouca luz que ten e o chan que está todo cheo de tumbas antropomorfas. no exterior, o que mais chama a atención e a espadaña, que está exenta, enriba dunha grande rocha granítica, como querendo facerlle de peineta a esa inmensa mole petrea. o apelido venlle o pelo........de rocas, san pedro de

jueves, 1 de septiembre de 2011

o via crucis de beade













No concello ourensán de beade, como se fose unha illa petrea, rodeada de mares de viñedos, atópase o conxunto arquitectònico formando pola igrexa de santa maria de beade, o via crucis e a capela de san roque. o lugar e curioso, denota certo poder petreo e a vez etílico, stone e grapes, como definiu unha escritora inglesa a principios de século a nosta terra cando fixo unha viaxe por ela, stone e grapes(uvas e granito). a sombra do teito voladizo da capela, sentandos nun banco, habia tres vellos moi marchosos, tapándose dos raios de sol do mediodia ourensán, toda unha metáfora destas despoboadas terras do interior nas que a penas quedan cativos, ainda que estes tres parecianno polo ben que o pasaban, non sei se por natureza propia de seu ou polo bo viño do ribeiro..........

o canón do eume













O río eume no seu devagar ata confluir co oceano atlántico en terras de pontedeume, pasa polas terras alta do concello corúñés da capela, e antes de chegar as fragas do eume, atopa unha enorme masa rochosa que lle impide o paso, e entón o eume que é moi traballador e bota de menos o mar, loita contra este obstáculo que atopa no camiño, creando este espectácular canón, ainda que para unha duendecilla que tamén estaba alí, este non é canón, dixo ironizando co coñecemento de causa que lle da coñecer o do colorado ala en ianquilandia.... o que me fixo pensar que si este da vella gallaecia e espectácular......como virá sendo o outro, jajaja. en contraposición co traballo da natureza o ser humano aproveitou as paredes rochosas para meterlle un embalse o río, e digo eu falando en prata, por qué non meteria o embalse no......

lunes, 22 de agosto de 2011

a fabrica da luz de noia





















Nun remoto lugar do próximo e accesible concello coruñés de noia, donde o río tambre xa casi se converte na ria de muros e noia, atopase o impresionante edifìcio da fábrica da luz, que como o seu nome indica, tiña e segue a ter esa función. o edifiício è de estilo modernista neo románico, de principios do século vinte, obra do arquitecto porriñés antonio palacios. o sitio é moi idílico e diferente,( pois ademais da central eléctrica ten un hotel con encanto, e unha area de lecer), abaixo de todo dun enorme cañón que non chegamos a ver, pois as suas ladeiras estan totalmente cubertas de eucaliptus; semella por veces o canón do miño, o lugar non chega a ser bonito, quedase nese intento, pois despois de todo trátase de unha central hidroeléctrica, pero ten certo encanto cautivador, polo diferente e único do lugar. rio arriba hai unha ponte colgante de ferro, e unha ruta de sendeirismo que sube paralela o río, cun tramo literalmente rochoso, polo que puxeron unhas pasarelas de madeira, ata andentrarse na tan descoñecida devesa de nimo, outro enclave máxico destas terras de noia. para chegar ata aquí hai duas opcións, unha e dende un cruce que parte da estrada de santiago a noia, e que transcurre por paisaxes totalmente desanxeladas, con vistas maravillosas da rìa de muros e os monte da serra de outes, e que despois de interminabeis curvas que meten un pouco de respeto deíxanos o caron da entrada, e a outra é dende ponte nafonso, non é tan bonita pero si mais cómoda e menos angustiosa, ainda que tamén lle chega de carallo... o dito, nun remoto lugar do próximo e accesible concello de noia.

as letrinas do pazo de guimarei

























As aforas do concello pontevedrés da estrada, nunha chaira bastante a monte, en contraposición cas traballadas terras ca rodean, atopamámonos cas impoñentes ruinas da torre e pazo de guimarei. un solido edificio construido con boa canteiría de granito. o edificio consta de unha ala corrida totalmente lisa, e o seu carón enriba duns penedos, a torre. vese que primeiro construiuse a torre de defensa para señorear estas terras de tabeirós e nunha epoca posterior, cando xa a torre non cumpria o seu cometido defensivo, construiron o pazo, que se pode visitar por dentro, e ainda que esta nun estado deporable, ainda conserva moito de seu encanto. se vos deixades caer pola cociña, cunha enorme lareira, seguramente o que mais vos chamarà a atención, e que na mesma cociña tiñan duas letrinas!!!.........imaxinade por un momento, co noso pensamento moderno, ter un wc dentro da cociña da nosa casa, entre a lavadora e a neveira..........jajaja. a última foto son as letrinas da cociña.

viernes, 5 de agosto de 2011

detalles curiosos

























E agora, dous detalles curiosos e simpáticos dos tantos que nos atopámos cando nos perdemos por calquer lugar desta terra do alén. un deles foi no concello pontevedrés de moaña, pero na zona da serra de domaio. alí nunha estrada que vai subindo dende a costa ata a montaña, hai un enorme poste de madeira dos de suxeitar os cables da eletricìdade de toda la life neno, como dicen en la coru, bastante rústico por certo pois ainda se lle ven os pequenos saintes das ramas, e clavado nel un cartel de color vermello, no que pon: peligro, no subir. O ver esto, o primeiro que se che ven a cabeza, ou a mín polo menos é o seguinte, mimaaaaa é un poste do cableado eléctrico, si lle puxeron este cartel de aviso, e porque a xente daríaselle por trepar polo poste arriba jajaja........... sin comentarios. e o outro foi no coruñés concello de coristanco, no bar que hai na estrada que baixa para o refuxio de verdes, estábamos tomandolle algo alí na terraza antes de baixar a visitar o lugar e de repente, foise a vista para un enorme carballo, e no seu tronco a modo de serpe negra, habia unha tuberia de prastico rematada nunha villa, que literalmente estaba incrustada na cortiza da árbore, claro o pensamento lóxico en outro sitio de españa seria: que carallo fai ali unha villa, pero como estamos en galicia, o pensamento é, funcionara? e como a curiosidade e moita, alá fomos a perguntarlle a unha señora que estaba a facer lume para asar unhas sardiñas a principios de xuño como querendo anticiparse o san xoan, e siiii, a villa funcionaba, pero como o galego non se fia do que lle dín, foi comprobar se era certo, mentras a señora das sardiñas e mais a sua filla a dona do bar rianse orgullosas por ter un carballo con villa..... e si, abrinno e funcionaba!!!!! botaba auga, pena que non botase viño para acompañar esas sardiñas jajaja

as pozas de melon





















No montesío concello de melón, xa donde a provincia de ourense linda ca de pontevedra, nestas terras de montaña da dorsal galaica, podemos visitar as fermosas pozas de melón, unhas inmensas piscinas rústicas, feitas polo río cerves que no seu veloz baixar dende os últimos derrames montañosos das serras do suido e o faro de avión, hacia a comarca do ribeiro, buscando o rio miño, foi formando e segue a formar, estas pozas naturais, que están moi guapass. bañarse nelas nun dia soleado, despois de ir subindo paseniñamente paralelos o río, é toda unha grande recompensa para os sentidos. cada poza, e hai bastantesss, e diferente, unhas mais grandes, outras mais cativas, unhas mais abertas, sen apenas vexetacion arborea o seu carón, e outras mais fechadas e sombrias. hai que ir subindo apuradamente, e fixandose que pozas quedan libres, pois nestas terras do interior ourensán, donde o mar píllanos un pouco a desmán...... tanche moi solicitados estes jacuzzis naturais jajaja.