domingo, 2 de septiembre de 2012

A VIXIA DE HERBEIRA

Subindo sinuosamente dende san andres de teixido, pola serra da capelada, dirección a cariño, entre paisaxes sobrecolledoras desas que fan activar as sensacións, vendo greas de cabalos salvaxes, pradeiras alpinas, bosquetes de piñeiros  e o bravo oceano atlántico, a uns 5 kilómetros aparece unha vella construcción de pedra, exactamente no cantíl mais alto da península ibérica e solamente superado en altura por algúns fiordos noruegueses.  alí está a garita de herbeira, ou vixia, xa que antiguamente era una especie de faro mandado construir por carlos III. sobrecolle mirar a mar dende alí enriba, son 615 metros de caida cuasi cuasi vertical. Atopámonos nas terras mais vellas da vella europa. IMPRESIONANTE!

A ARBORE QUE NON É TAL

Andando por terras de oroso, visitando a igrexa parroquial de vilaromarís, despois de contemplar unha desas fermosas estampas de matrimonio maior levando a estabular o gando, chamóunos a atención unha árbore que non era árbore....ainda que parecer o parecía, o que non atopemos polo rural galego.....jajaja

é unha caseta de cemento na que naceu unha enredadeira!!!

domingo, 5 de agosto de 2012

os montes do oleiron



A menos de 15 km da cidade de santiago, atópanse os montes do oleiron. é outro mundo; ata hai poucos anos, polas suas cumes ainda corrian greas de cabalos salvaxes, a día de hoxe non sei se quedará algún. o lume do 2006 contribuiu desgraciadamente a sua desaparición.  O que ainda queda, como un contenedor sen o seu contido, e un arcaico cortello donde supoño que meterian os cabalos, unhas vistas espectaculares do val da mahia e das terras de iria flavia e unha paz que sobrecolle os sentidos.

capela fonte e cruceiro da madalena de vilouta



No coruñés concello de ames, na parroquia de tapia( a praia dos que somos de santiago e parte do extranxeiro), atópase unha curiosa fonte, desas ás que as personas dalles por otorgarlle poderes curativos( a suas augas non a fonte en si) que aquí o final o importante é o contido e non o continente....jajaja. O conxunto está composto por a susodicha fonte, que chama a atención por estar dentro dunha pequena construcción,  un cruceiro e a capela de madalena. Se vades a praia fluvial de tapia, vale a pena desviarse na zona da vilouta, e disfrutar un pouco desta mostra de etnografía popular
que non deixa de ser outro dos moitos lugares de adoración precristiá as deidades das augas, e reciclado tempo despois pola igrexa católica.


miércoles, 4 de julio de 2012

O LAVADOIRO DE BETANZOS

A vila de betanzos e deses sitios sorpresa, os que sempre que vas, descubres algo chamativo. unhas desas cousas é o lavadoiro que os irmans garcia naveira, grandes filántropos e benefactores regalaronlle o seu pobo natal.
chama a atención o seu descomunal tamaño, e a sua bonita ubicación o carón do río do que aproveitaba as augas. a falta de unha, ten duas plantas, na de abaixo están os pilóns de lavar a roupa e na de arriba os tendais para secala. se a dia de hoxe resúltanos chamativo, habería que imaxinarse a principios do século vinte!!!!

O AVÓ CHAVÍN

Semella unha enorme pata de elefante, que señorea a fermosa é recóndita paisaxe da fraga de chavín no lucense concello de viveiro, no norte da provincia de lugo, na comarca da mariña lucense occidental, na parroquia de.......jajaja
éste eucaliptus ou colito como din por santa comba, é  o mais alto e ancho da nosa terra,  ainda que en persona non o pareza, ten mais de dez metros diametro, que xa son metros!!

VÉNDESE "CHALET RÚSTICO"

Véndese chalet rústico nas aforas de santiago, toma ya!!!!! véndese véndese queres mercalo? dicíame unha das duas señoras que tomaban o aire na eira da súa casa nunha calurosa tarde, se mal non me lembro do mes de maio, cando lles perguntei si o horreo por ser doble,coñeciase con outro nome.

santo andŕes de teixido

Quen non foi de vivo terá que ir de morto convertido en animal, así que si algún día ides a esta aldea do coruñés concello de cedeira, non se vos ocurra pisas bicho ningún, podería ser a reencarnación de alguén que non foi a visitar o san andrés cando era ser humano( o bicho, non o santiño). san andrés era un pouco celoso do apostolo santiago pois a este visitábano moitos pelegrins pero ó de teixido non, entón falou con deus, contoulle como se sentía e deus concedeulle iso, o que non te visite de vivo tera que ir  de morto. encántame como os galegos misturamos a ficción ca realidade, o racional con irracional, a historia cas lendas, e de resultado temos a forma de ser do galego, como os alquimistas misturaban os metais buscando facer ouro, todo galego leva un alquimista dentro.
a aldeiña atópase na salvaxe e fascinante serra da capelada, ca orixinalide natural, naturalmente jajaja de que é unha cordilleira que remata literalmente no oceano atlántico, creando uns cantís de vertixe. este tramo da costa galaica, según os xeólogos e a zona mais vella de europa.
ide de vivos...........vale a pena.

jueves, 31 de mayo de 2012

ABUIN A ALDEA MALDITA DOS LODORMANI

Durante 3 seculos sucedéronse varias oleadas de incursións vikingas as nosas terras. viñan a saquear o que eles coñecian como jacobsland, a terra do apostol jacobo, a que creian chea de riquezas pola fama que tiña nas vellas terras de europa a cidade de santiago. Esta xente do norte era coñecida polo nome dos lodormani. despois de tantas incursións algúns quedaron a vivir aquí. Un dos sitios nos que quedaron foi nas terras de rianxo, na coñecida como aldea maldita de abuín. recibe este nome porque dun día para outro desapareceron os seus habitantes. As lendas din que foran a roubar o mosteiro de armenteira o outro lado da ría de arousa, e sobre eles caeu unha maldición por roubar na casa de deus. A ciencia certa non se sabe que pasou, e todo son suposicións mais ou menos acertadas. eu quédome con unha, a de que esta aldea era unha colonia de lodormani(descendentes de vikingos), e como levaban no sangue as pillaxes, decidiron facer unha no mosteiro de armenteira, ca mala sorte que os descubriron ou quizás que sin ser eles levaron a culpa, e así o arzebispo de santiago, que era o señor destas terras, tivo a excusa perfecta para desfacerse desta xente que era mirada con tanta desconfianza e recelo, polas cousas que fixeran os seus antergos na nosa terra. E Así é, coma700 anos despois ainda podemos ver os restos desta aldea vikinga.

O CABO DAS 3 CRUCES

Moitas veces os sitios mais chamativos son os que están fora de lugar, como illas de tranquilidade en oceanos urbanizadísimos pola man do home. un destes sitios é o coñecido como cabo das 3 cruces. Un istmo que se adentra na ría de arousa, nun entorno tan salvaxe que para chegar alí, ninguén nos libra de camiñar uns 20 minutos por vellos camiños moitas veces casi comestos polas herbas. O cabo recibe este curisoso nome por mor das 3 cruces que se levantan nel. Unha grande no medio, cunha figura de cristo na parte dianteira e outra da virxe na traseira da cruz, e unha figura do apostol santiago no varal, xa que estas cruces forman parte do camiño marítimo de peregrinación as vellas terras de jacobsland, que así era como chamaban os vikingos a santiago de compostela, de toda la vida neno!!


miércoles, 16 de mayo de 2012

FELIZ SEGUNDO CUMPRE, RAQUEL

Nesta calurosa tarde de maio veraniego en compos, felicito o seu segundo cumpreanos(e non é porque solo teñas duos anos, ainda que as duendecillas sonche asi, cumpren cando queren..jajaja) a esa persona especial que vive o caron do marenostrum catalán.









Feliz segundo cumpreanos duendecilla, en vez de velas, para soprar.... van unhas fotos das nosas máxicas terras das aforas de santiago, si ahí mismo donde remata compos camiño de
carballo.

lunes, 14 de mayo de 2012

a capela de belem


Na santiaguesa parroquia de santa cristina de fecha, atópase a capela de belem, si así rematado en m. O conxunto componse dunha enorme capela, unha fonte semi subterranea protexida por una grande balaustrada granítica, unha carballeira vida a menos e una palco da música petreo. O sitio ten toda a pinta de ser un sitio de antiguos cultos precristiáns de adoracións as deidades das augas. chama a atención o tamaño grande da capela, mais ainda que o da igrexa parroquial a que pertence. pero o que mais chama a atención son as duas hornacinas cheas de velas e ofrendas que atopamos o comenzo da estrada que leva ata os pes da capela. e que a dia de hoxe ainda segue tendo a sua utilidade como se pode comprobar o ver alí o zapato  dun cativo moi cativo, a modo de ofrenda para sandar algún mal dos pes, ou quizas do camiñar. e chocante ver como se mezcla o pasado en forma de cirios co presenta en forma de zapato de bebé.

domingo, 6 de mayo de 2012

o lavadoiro a carballeira e o muiño da peregrina



As veces pasas por sitios que poderian ter todo o encanto do mundo e mais, pero por culpa de estar comestos pola vexetación o único que teñen e vergoña allea de como poden estar así.
sempre que pasaba na bici por detrás da igrexa parroquial da peregrina nas aforas de santiago, pensaba o mesmo o ver entre silveiras as ruinas dun vello muiño fariñeiro e un lavadoiro vido a menos, o carón dunha carballeira tamén invadida.
pero hoxe alegreime moito e flipei o ver ese sitio ca cara lavadiña, e que ven lle sentou. esperemos que agora coiden del, que o malo desta terra e que a xente pensa que as cousas cuidanse solas, e as silverias cortanse solas.....que bonita e a nosa terra, pena que haxa tantos galegos nela jajaja
e o mellor é que se queres cargar o movil ata hai un carballo cunha caixa de enchufes.......galicia galicia


O CRUCEIRO DE CARRAIS


No coruñès concello de rois, terras que fan de unión entre o val da amahia e as terras de padrón, atópanse interesantes cruceiros de capeliña, que se diferencian do resto por ter unha mini capela entre o fuste e a cruz. un destes cruceiros de rois e  coñecido polo nome de carrais, pero mais coñecido é por ter no seu fuste unha talla de san antoniño, a que a xente dende sempre e tamén a dia de hoxe, acude cando perde algo, sexa obxeto ou animal, e atalle algo  no brazo o santiño, e non llo vai desatar ata que aparece o que perdeu. Asì mo contaron dous vellos petrùcios que estaban sentados tomando o sol da tardiña cando parei  ca bici a perguntarlles polo nome do cruceiro. _ven moita xente e atalles cousas no brazo para pedir favores, ata ven algún estudante para aprobar os examenes, contabame un, cando o outro vello dixo con sorna,_xa poden atarlle moitas  que como non estuden.......jajaja

martes, 17 de abril de 2012

A IGREXA DOS CULETES DE RIANXO

No mariñeiro pobo de rianxo atópase a igrexa de santa columba, un bonito exemplar do século XV. Toda a cornisa atópase chea de canzorriños, a maioria moi gastados polo paso do tempo e por estar preto do mar, ainda que a dia de hoxe non tanto polos recheos que se fixeron para gañarlle espazo a este mar da arousa, cando a construiron si estaba si, e o que si que estaba e sigue alí, son dous canzorillos antropomorfos que representan a duos paisanos en posición fetal, literalmente separando as nadegas cas mans e deixando o aire o burato do
culete.....jajaja. sempre me chamou a atención como antes da contrareforma o sexo era algo tan tribial e normal na sociedade medieval que ata se representaban cousas así nos lugares mais sacros, como esta casa de deus de rianxo, santa columba ou xogando co nome......santa co culete.

domingo, 25 de marzo de 2012

FOTO CURIOSA

Chamoume moito a atención a igrexa parroquial de villestro en santiago, sobor de todo por ter
o seu carón o edificio da antigua escola parroquial e diante, o camposanto. sera por eso que os
galegos dende sempre temos unha relación peculiar ca morte????
imos o recreo dirian os cativos, e o profesor  dirialles, pero sin xogar enriba das tumbas.......jajaja

miércoles, 14 de marzo de 2012

o misterioso cruceiro de vrins

Outra  de cruceiros, recoñezo que me fascinan.  todos teñen unha historia detrás, todos teñen unha función que desempeñar, todos teñen certo simbolismo e relación co mais alá pero estando acó, nesta vella terra galega.
o vello cruceiro de vrins, atópase nun camiño pouco transitado, seguramente fai anos estaríao mais, pero agora como moitas corredoiras e congostras da nosa terra, perdeu a sua función principal de unir aldeas ou de camiño dende estas as terras de cultivo.
a vexetacíón rodeao por completo, e ademais faltalle unha das aspas que forman a cruz, está velliño o pobre........e é unha pena que fique así pois o final.....
outras veces, falando ca  xente da aldea próxima o cruceiro polo que perguntaba, sempre había alguén que se transformaba na voz destas cruces e contàbame a súa historia, pero con este non, ninguèn sabe nada del,  e que como o camiño donde se atopa, (que foi perdendo transito e vida), o mesmo pasoulle a el.
unha señora contoume que era parte dun via crucis a fisterra ou viceversa, e ainda que non sei se será verdade ou non, ten o seu sentido pois por estas terras do concello de santiago, antiguamente pasaría algunha via de peregrinación, temos que pensar que o camiño peregrino a fisterra pasa  relativamente perto desta aldea, e que poderia ser que o crearse novos nucleos de poboacion e por ende novos camiños, este pasase a segundo plano, e asi  con el tamén o cruceiro.


chama a atención por que non ten unha das aspas da cruz
 pero ainda que da pena velo así, ferido, ainda sobrecolle, ali enriba do penedo

domingo, 11 de marzo de 2012

o cruceiro de bargo


Sempre que ando na bici pola zona da peregrina, gústame pasar por este cruceiro, hoxe fun sacarlle unhas fotos e mirar en que ano foi construido, cando estaba limpando a data, apareceu unha señora maior: -Sii!! eu moito non sei, pero puxérono ahí para que cando pasaban cos cadaleitos os defuntos non entraran na aldea pois é unha encrucillada de camiños e ahí aparecia(referíndose a santa compaña). tamén moitas señoras traian os seus filliños para sacarlles o mal do aire, poñianos no cruceiro e facianlle cruces polo corpo, pero hai que pensar que neses tempos pasábase moita famiña.

1892, a data da construccion do cruceiro
a señoriña marchando para a sua casa.
encàntame falar ca xente maior, sempre producese unha dicotomia, por un lado contan estes sucesos como si non cresen neles, pero por outro cando chos están a contar, fanno como se fose cousa de tempos pasados, nada de lendas nin faladurias, cousas que pasaron na realidade pero que eles non viron. cando a escoitaba tiña moitas ganas de pedirlle si a podia grabar ca cámara,  pero deume reparo, e cando a señora se despidiu saqueille a foto sen ela se decatar.

viernes, 9 de marzo de 2012

os petroglifos de correxins

As aforas de Santiago pero no mesmo concello, podemos visitar unha mostra de arte da prehistoria, non todo vai a ser  románico, barroco, gótico e tiro por que me toca........... normalmente cando algún concello non ten a sorte de ter monumentos dignos de mención no seu territorio, potencia o que ten, moitas veces os petroglifos, pero  en santiago, pasan a un segundo plano ante a magnificencia da zona vella. pero ahi están.o conxunto componse dun grande petroglifo en forma de círculo concéntrico e algún mais cativo.
a mellor hora para velos e o final do día cando os raios do sol dan oblicuamente nas rochas de granito.
as fotos stán feitas polo medio día por eso non se aprecian moi ben.
existirá a zona vella dentro de 5000 anos.......

conxunto relixioso de marrubio

ten as medidas precisas para rozar a perfección
No concello de montederramo, terra de bidueiros, e unha das portas de entrada as serras sudorientais ourensás, podemos visitar un deses sitios de postal que non suelen sair nas guias turísticas, e mais neste concello donde turisticamente falando todo xira, como durante centos de anos o redor do renacentista mosteiro de montederramo.o conxunto componse da capela de santo antón e dun cruceiro con cuberta o que se accede por unha portiña de ferro franqueada por dous petos de animas. o sitio esta chulísimo, é e moi agradable a vista, aqui non prima a arquitectura monumental, sinon a do rural galego, cuasi etnografia, pero con moita arte, seguindo os parámetros das construccións clásicas gregas, ca medida perfecta. un sitio de postal deses que atopas por casualidade(encántanme estas sorpresas) e que non te imaxinabas nin que existian.