miércoles, 19 de abril de 2017

Umia o Grove complexo intermareal

Nunha das zonas de Europa con maior concentración de aves migratorias, a enseada que forma o río umia, a casi illa do Grove e a lingua de área da lanzada....Non todo ian ser pajàros jajaja..Si así con tilde rollo castrapo.



Río do corvo versus lagoa auditorio

Civismo animal
Curioso ver cruzar os parrulos da lagoa do auditorio de Galicia, o río do corvo que baña o bairro de vite!!

lunes, 25 de julio de 2016

Capela e taberna de calvente

Nas agras santiaguesas terras de menos historia e mais etnografías

Cando saes de Santiago hacia o norte pasa algo chamativo histórica artísticamente falando, os concellos carecen de riqueza artística, e entòn valoras mais cando atopas algo(igrexa capela).
En oroso saindo da n550 e perdéndose un por estradas agrosecundarias atopamos xa no limite con frades a capela da merced de calvente e o seu carón a antigua casa taberna.
Ninguna das duas con valor artístico pero si moito etnografico, a arte do pobo anónimos canteiros, (neste caso de pedra de esquisto),que logran provocar unha certa morriña
melancólica no noso espiritu.
taberna

viernes, 20 de mayo de 2016

Chantada zona vella



Habitualmente temos zonas de visita e zonas de paso, que "quedan de camino" pero non paramos a velas.
Pasei varias veces por chantada de camiño a fascinante rivoira sacrata do miño, craso error, jajaja
Este pobo ten un casco antigo espectacular moi bien restaurado e coidado, e a vez pouco coñecido! Vale ben a pena una paradiña.

viernes, 7 de agosto de 2015

o pozo do pego

unha das extensions mais salvaxes cuasi virxenes a dia de hoxe e mellor conservadas da nosa terra atopamola nas terras ribeireñas do interior concello de touro, a zona bañada polo rio ulla, cun microclima que fai que nazan sobreiras, si el alcornoque jajaja
terras vellas vertebradas polo rio. chama poderosamente a atencion como podes perderte literalmente nestas vellas fragas e ver como era a galicia natural de fai miles de anos. tamen e chamativo atopar ourizeiras, creo q na provincia da coruña solamente vense aqui e nas fragas do eume.
eran construccions circulares de pedra na que se deixaban os ourizos ainda cas castañas dentro, para que fosen secando e despois podelas sacar mais cómodamente
e despois de andar entre a frouma ladeira abaixo por vellas congostras e seguir o curso do rio chegase a un sitio abraiante, o pozo do pego, donde o ulla forma unha espectacular lagoa.


bamonde



no coruñés concello de teo atòpase a parroquia de bamonde e nela a bonita e histórica rectoral, ainda que a dia de hoxe cuasi comesta pola frouma de silveiras. esta casa do cura forma parte da historia viva da galicia do dezanove pois nela foi donde se hospedaron a pasar a noite os jerifaltes mandados dos madriles para facer frente a sublevacion  dos galaicos con ansias de liberdade. a bataia douse en cacheiras e por desgracia perdemola...asi e o pobo galaico duro e forte contra os invasores sexan franceses sexan ingleses e despois desunido contra o español jajajaja ainss no coment

viernes, 5 de junio de 2015

o camposanto musulman da coruña

Brigantium conexión al andalus, a coruña conexiòn marrocos.
Así a simple vista podería ser unha construcción africana señoreando o mediterraneo coa peninsula iberica o fondo pero nada mais alonxado da realidade.
este edificio e o antiguo camposanto musulmán da vella brigantium....la coruña neno!!!
sin lugar a dudas poderiase decir a dolor neno, que é o edificio mais curioso e a vez descoñecido desa cidade.
Vale ben unha visita tanto polo encanto que ten esta necropolis musulmá como pola sua localización no que antiguamente eran as agras coruñesas, un enorme espazo entre a torre de hercules e o barrio de adormideras tan espectacular como salvaxe para a vida da xente debido os ventos cuasi perpetuos que  barren esta zona.
É qué fai aquí un camposanto musulmán? pois era para poder enterrar os soldados marroquís da guarda persoal de franco.
africa galicia, tan lonxe e tan perto!!



miércoles, 1 de abril de 2015

santuario da escravitude

Ojito neno, que ven o tren......!!!
Esto pasa cando primigeniamente o santuario da Escravitude estaba feito para chamar a atención pola sua maxestuosidade e a dia de hoxe co progreso mal entendido.......quedou o carón  da estrada que vai para compostela ou padrón se vas na outra dirección... jajaja
que triste.

jueves, 26 de febrero de 2015

ponte taboada

Nas vellas terras do deza facendo fronteira e a vez unindo lalin con silleda, atópase a ponte taboada no río que da nome a estas terras. Antiguamente era unha zona moi transitada para pasar o rio se viñas de santiago hacia aqui ou viceversa pero co paso dos anos quedou esquencida o que o meu ver veulle maravillosamente pois asi conserva todo o seu encanto....para chegardes a ela hay que camiñar por vellos camiños e congostras empedradas entre carballos e outras arbores de ribeira.. sitio sorprendente, vale moito a pena coñecelo. Que o final disfrutanno mais os pelegrins ca os autóctonos da nosa terriña...pois por aqui pasa o camiño a santiago

lunes, 2 de febrero de 2015

a fervenza pozo do capitan

Nas montesias terras de lousame por donde baixa encaixonado e silandeiro o vello rio san xusto, atópase esta fermosa a vez que descoñecida fervenza, chamada o pozo do capitan.
aqui a natureza reclama o seu e o vello muiño de perpiaño que fai compaña o salto de auga e a poza xa mais parece que leva ali dende sempre en vez de ser feito pola man do home.
o contrario das outras duas fervenzas que ten este rio(as de toxosoutos) esta ten un acceso bastante complicado o que as veces ata se agradece pois asi entramos nun entorno donde domina a natureza.
ainda que despois pasa o de sempre....poste a falar con algun petrucio desta zona e todos lembran gratamente cando de cativos ian bañarse a poza esta. un ata me contou que se chamaba asi pq os mozos das aldeas que estan o carón antes de ir  servicio militar a servir o capitán el rey tiñan a costume de irse a bañar neste sitio(supoño que seria no veran...) jajaja


jueves, 25 de diciembre de 2014

bo nadal feliz navidad

xa queda menos para o bo tempo e disfrutar das rias galaicas e o solete!!
bo nadal a tod@s!

sábado, 4 de octubre de 2014

o horreo de estacas en cuntis

Se algún día pasades por cuntis facede un desvio a parroquia premontesia de estacas na ladeira do monte xesteiras, vale a pena para ver o conxuntos que forma a casa rectoral e o inmenso horreo un dos mais grandes da nosa terra. ojo al dato neno, o chegardes tedes que buscar a porta principal do portalón de acceso a finca rectoral,o seu carón hai outra porta metálica, abrídela con coidado para que non escape o único habitante

domingo, 21 de septiembre de 2014

a capela da magdalena

Creo que un dos sitios mais descoñecidos e como tal mais grato o descubrilo e o conxunto formando pola capela da magdalena, o estanque rústico que ten o seu carón separados por unha bonita carballeira o pe da cal brota a auga milagreira dunha fonte que diriase que nace debaixo da capela.
outro sitio mais de adoración precristian as deidades das augas nesta vella terra galaica reconvertido hoxe nun lugar de lecer bastante pintoresco a par que descoñecido sobor de todo se pensamos que se atopa a escasos 12 kilómetros de Santiago no concello do pino........ pero non no quinto pino!!


jueves, 4 de septiembre de 2014

las jubias

Las jubias neno jajaja
Sempre fun da opinión de que os sitios con mais encanto non se atopan perdidos no medio da natureza no rural mais profundo e montesio ou nas costas menos antropizadas desta vella terra galaica, o contrario, eses sitios atópanse nas aforas das cidades, como illas pintorescas cuasi engulidas pola urbe e quizas como mostra de ser sitios diferentes conservanse así pois e o único que lles queda a diferenciación ante  a homogenización que da a cidade.
un destes sitios e o barrio mariñeiro das jubias  na cidade da coruña, ali aínda podemos atopar as tipicas casas costeiras das mariñas cos seus balcóns de madeira pintados de cores alegres como as gamelas que aínda quedan tapizando esta parte da cativa ria da coruña.

jueves, 17 de julio de 2014

ferreira de pallares

Na provincia de lugo,facendo de nexo de uniòn entre a terra cha lucus citi e a sorprendente comarca da ulloa atòpase o concello de Guntín e nel a fermosa igrexa do antigo mosteiro de ferreira de pallares. o sitio a dia de hoxe por desgracia rezuma tristeza e decadencia e iso que esta bastante arreglado pero.............viviu tempos mellores ala nos lonxanos tempos de alta idade media.
chama moito a atención que o camposanto esta xusto de frente da fachada principal...cando ahi deberia estar o obradoiro ou maria pita ou a praza maior de lucus por poñer tres exemplos galaicos.
toda unha metafora do sitio a praza maior é o  camposanto que ten moita vida,,,, gatuna jajaja pois nel habita unha grea de gatos okupas.


jueves, 29 de mayo de 2014

O que dan de si as sinais

Toponimia fálica no concello de teo

A igrexa de berres e o sacristàn

No coruñés concello de trazo atópase a igrexa parroquial de berres un bonito templo cunha curiosidade chamativa, que non ten torre das campás, xa que esta atópase exenta, formando outro edificio o que lle da o lugar un toque diferente e a vez chamativo. Cando fun a visitala estiven a falar co sacristán prototipo de señor do rural listo coma un allo e caixa sen fondo de anécdotas graciosisimas. Unha de las versaba dunha boda no templo ese, na que tivera que barrer oito kilos de arroz, e como dáballe magoa tiralos..........doullos de comer as galiñas , pero logo!! Non querían comerlle outra cousa...eran bien finas las gallinas!!!!!

jueves, 8 de mayo de 2014

Andamos en obras a ver se pronto doulle vidilla o blog

viernes, 6 de septiembre de 2013

PARADA DOS MONTES

O topónimo xa ven a decilo todo..........ou casi jajaja, esta remota aldea das terras altas de lemos é unha auténtica pasada, perdida nunha ladeira do courel brollonés, no concello da pobra do brollón, é como unha chave o pasado, etnográficamente hablando neno. pero o mais chamativo é que é unha aldea viva, coma as de antes, cos currais cas galiñas debaixo das casas,as ruas facendo de secadero para facerlle despois a cama o gando, e donde as duras condicións do inverno montañés fixeron que a aldea sexa unha sucesión de pasadizos para poder ir da casa as outras dependencias adxacentes sen que choiva nin a neve limitasen... vamos como os soportais de santiago pero en versión rústica jajaja

outra cousa que che deixa un pouco "descolocado" é que por unha das ruas da aldea baixa un pequeno regato dándolle un toque veneciano de alta montaña o caserío

- ahí e cando te preguntas, será así sempre? ou alguén deixou aberto algún grifo... 
unha aldea sen vacas non é aldea!
creo que este lugar e deses que hai que visitar polo menos unha vez na vida, vale moito a pena, animádevos!!!
poucos carros quedan en uso