miércoles, 28 de julio de 2010

o horreo de carnota


Parece un gran vagon pétreo parado nas terras de carnota. Ademais de polo seu gran tamaño, chama tamén moito a atención polo ben labradas que estan as suas pedras. pertencía o cura de carnota, e danos a entender que tiña moita abundancia de colleita para ter un horreo dese tamaño!!!

sábado, 24 de julio de 2010




A primeira vez que fun a visitar a man e o seu cativo paraiso, o velo, veuseme a cabeza a imaxen dun tarzán costeiro, mira que facía frío esa tarde de inverno, e alí andaba solamente co seu taparabos. Cando despois de pedirnos as libretas e ver o que habiamos debuxado, sorpendeuse de que eu dibuxase o seu gato negro, e hai dinme conta que era a única compañía que el tiña no seu cativo paraiso de camelle. Fai pouco voltei outra vez a camelle a visitar o seu paraiso(non me gusta nada que lle chamen museo) pero xa non estaba man, e o sitio xa non era o mesmo.

o carteiro aereo de lugo




Se algunha noite andades de viños por lugo e mirades para enriba quizais vexades a unha persona alá no alto dun edificio debaixo dun grande reloxio. E o carteiro de lugo, que en vez de repartir polo chan debelle de molar deixar o correo nas fiestras da xente..........jajaja

viernes, 23 de julio de 2010

o cementerio dos ingleses




Perto de camariñas afundiuse a finais do século dezanove o serpent, o buque escola da armada británica. No lugar exacto do seu afundimento construiuse un pequeno cementerio que leva o nome dos ingleses. Este tramo da costa e dos mais salvaxes e desanxelados que podemos atopar hoxe en día na costa da morte. a raiz do afundimento, o goberno británico presionou para que o faro do cabo vilaño tivese luz eléctrica, e o curioso e que antes de que chegase a electricidade as casas desta zona e a casi toda españa, o faro xa a tiña.

santa eulalia de boveda







No rural do concello de lugo atópase a aldea de santalla de boveda, e nel atopámonos cunha das cousas mais misteriosas da nosa terra. Unha mezcla entre un santuario, é unha piscina termal debaixo da terra. Descubriuse a principios do século vinte, cando o enterrador estaba a cavar unha tumba e caeu dentro dos restos deste misterioso lugar, xa que se atopa a un lado do cementerio da igrexa parroquial. As paredes ainda conservan pinturas murais vexetais e animais. Probablemente teña moita relaciòn ca época romana de lucus augusti, pero a ciencia certa, a día de hoxe, ainda non se sabe que funcións desempeñaba este lugar.

as penas de rodas


As penas de rodas atópanse no chairego concello lucense de outeiro de rei. Chaman moito a atención polo grandes que son e a vez por como conseguiron quedar así, enriba doutras pedras. Se a terra cha fose unha muller,estas duas inmensas pedras graníticas serian os seus peitos... non teño costume de poñer fotos miñas no meu blog, pero esta vez pondrei unha para que se poda apreciar o grande tamaño destas duas rochas.