lunes, 2 de noviembre de 2009

o fogar do santiso


Gustame o fogar do santiso, reencontrame cun tempo pasado que busco e busco pero sei que non atoparei nunca, buscoo sen parar por galicia adiante pero sempre aparece imperfecto. como unha fraga con eucaliptos ou unha aldea cunha casa de cemento ou unha palloza dos ancares con teito de fibrocemento. Gustame a pedra, a madeira e o lume dunha lareira, gustame a ledicia da xente comendo e perdendo a vergoña cando o viño vai baixando. e gustabame moito cando o señor santiso tocaba a gaita. Maldito o día que lle presentaron o teclado casio pq xa non o solta.

a cruzdaserpe


Cando chegaron os romanos, os pobos que habitaban estas terras eran coñecidos por saefes, adoradores de serpes. Na zona de ponteceso e malpica ainda quedan moitas pegadas destes antiguos tempos. Unha delas, atopase na zona de corme e é coñecida como a pedra da serpe, tratase dunha serpe alada tallada nunha roca de granito. Arriba dela, a igrexa católica chantoulle unha cruz tamén de granito como querendo cristianizar o sitio ou quizás(porque todo son hipótesis nestes casos) como unha maneira de decir que agora a que mandaba era ela e non as antiguas deidades. A outra pegada que temos nesa zona e a capela de san adrian en Malpica, cas sisargas en frente. San adrian coñecese por ser un santo que librou dunha praga de serpes esa zona, o que tamén nos leva a pensar si sería unha maneira de decir que a igrexa católica botou o antiguo culto de adoración as serpes.

domingo, 1 de noviembre de 2009

tazas de viño


Fixenme maior de idade viñateira un día que se me ocurriu ir a tomarme unha taza de viño tinto a unha desas tascas de toda a vida, desas cos bocois de viño a modo de mesas, o serrín no chan e o poster do celtiña(si estás en vigo) ou do superdepor(si en coruña) colgado na parede, por poñer dous exemplos. Vellas tabernas que por desgracia cada vez quedan menos. As tabernas, xunto cas igrexas son as únicas entradas que nos quedan para adentrarnos 30 anos atrás no tempo. Deberian nombralas museos etnograficos vivintes pola de cousas antiguas(por non decir vellas) que conservan.

terra santa


Sento unha certa debilidade polos cemiterios, por sacarlle fotos, pola paz que emanan. Fai pouco descubrín que eran terra santa como Xerusalen. A moita xente dalles reparo entrar neles por que os asocian ca morte, o que resulta curioso a vez, pola proximidade que tivo sempre a sociedade galega co alén. gustanme esas tallas de marmore branco que respresentan anxos e esas filas de cruces que coronan os panteons tendo como fondo o ceo. Un dos cemiterios que mais me agradou foi o da parroquia de moraime no concello de Muxia. Esa herba sen cortar, con ese aspecto de abandono dalle ainda mais credibilidade a que nos atopamos nunha cidade dos mortos, curiosidades da vida.

sky line de coruña


Encantame "lacoru". Se Santiago è a aldea mais grande, como decía Otero Pedraio, Coruña e o pobo mais grande. Unha cidade peculiar cun "idioma" peculiar como é o koruño (Que pasa nenoo, telita, el otro dia te vi a gambini por la ronda, ibas con tu ja a casa de tu plas......... ). o que mais me chama a atencion son as grandes torres de edificios, surxidas debido a falla de espacio físico que tiña a cidade para crecer.

espigas no cruceiro


Dando unha volta o pasado luns pola tarde por terra de Rois chamoume a atencion ver nun cruceiro de moi boa talla unhas espigas de millo colgadas nel. Ante cousas así a mente traballa a cen intentado darlle resposta o que estás a observar. O primeiro que se che ocurre é que debe tratarse dunha especie de ofrenda debido a boa colleita de millo deste ano, o que che leva a entrar no mundo da Galicia máxica, cunha relacion moi forte entre o campesiño e as deidades naturais, logo asimiladas pola igrexa católica. Ainda que o final, con ese espiritu critico pero conformista que temos os galeg@s tamen pensas que seguramente algén colgounas alí por pasar o tempo pero sin ningun tipo de significado.