viernes, 27 de noviembre de 2009


en ourense hai unha historia que di que vindo un dia da siega de castela un paisano meteuse para atallar por unha fraga que sei que estaba enmeigada pois nela vivia unha moura. cando ia por el apareceulle a moura e dixolle que si lle facia un favor ela a cambio darialle o regalo ese que lle prometeu a muller pero que esqueceu comprar. o home dixo que si e ela doulle un paquete e dixo que chegando a ourense o pasar polas pozas do maimon gritase 3 veces maimón e saldria unha amiga dela e teria que darlle o paquete e a cambio ela darialle o regalo para a sua muller pero que non se lle ocurrise por nada do mundo abrir o paquete. O paisano foise hacia ourense pero como tiña moitas ganas de...... ca muller decidiu ir a casa directamente e o dia seguinte pola mañan cedo levarlle o paquete a moura. Chegou a casa e claro a muller pensou que o paquete era para ela ainda que el lle dixo que non que o seu tiñado encargado nunha tenda da praza maior e que iria por el o dia seguinte. Cando o home quedou dormido polo cansancio da viaxe..... a muller baixou a cociña, e abriu o paquete e veu que era un queixo asi que colleu un pedazo pequeno e voltou a cerrar o paquete para que non se notara posto que o home dixeralle que era para a muller dun que estivera con el na sega. o dia seguinte ergueuse cedo e foi as pozas do maimon e gritou 3 veces maimon e apareceu a moura pero enfadadisima, el deulle o paquete con medo e pediulle o seu agasallo ela doullo con mala cara e desapareceu. Indo o home todo contento decidiu parar nunha carballeira a fumar un pitillo e de paso ver que era o regalo. abriu o paquete e viu que era un bonito corpiño. para ver como lle quedaria a sua dona decidiu poñerllo a un carballo e cando rematou de atalo o carballo estalou. Sempre me chamou a atencion este conto, por eso, unha tarde as aforas de ourense, vindo das termas de outariz flipei cando vin un cartel señalizando as pozas do maimon.

No hay comentarios:

Publicar un comentario