sábado, 20 de febrero de 2010

a rectoral de san xoan de fecha


encantame o rural de santiago. pasalle como a cidade vella, que cada día descubres algunha cousa nova que te sorprende. o outro dia, despois de confundirnos de estrada, aparecimos na capital da parroquia de san xoan de fecha, e alí de supeto apreceron as ruinas de casa rectoral. mais parecia un pazo que a casa do cura.en tempos debeu de ser unha parroquia con moitas rendas, para que o cura tivese ese semi pazo. na aldea andaba un home carretando toxo do remolque do tractor para a corte das vacas, e pergunteille si o edificio era a casa rectoral(por entablar conversa), pero o home fixose o avioneta, pergunteille outra vez, e ca man tocouse a orella como dando a entender que non escoitaba. o principio pareceume que pasaba de min, pero cando estábamos xa a marchar apareceu ali, andando despacio, con ese aire de quen sabe que esperan por el, colocouse ben o chaleco que levaba por riba do mono de traballo, meteu a man despacio nun bolsillo, sacou un pitillo e un chisqueiro e quedouse mirando disimuladamente para nos como dicindo: perguntade o que queirades, aquí estou eu. fíxonos moita gracia toda a parafernalia que fixo, paseniñamente, como pasan as cousas no rural.

1 comentario:

  1. hey xose eress ti....k pasa con esa idea de tatuar o peito

    r

    ResponderEliminar