miércoles, 17 de marzo de 2010

a pena agrela


Señoreando as terras da parroquia de lampai, no concello de teo, atopámonos co monte da pena agrela, un balcòn privilexiado para ver a rìa de arousa a un lado, os montes do oleírón o outro, as terras de lampai o outro e santiago no outro(cantos outros.... jajaja; norte, sur, este e oeste). arriba de todo había un cruceiro do que xa non queda nada del, salvo o pedestal, ou tiróuno un raio ou levòuno algùn gañán para adornar o seu chalet. ademais das grandes rochas que atopamos na cumbre, tamen vemos pequenos pedazos de pedras soltos tirados no chan. se nos fixamos, moitas das grandes pedras teñen coma unhas pequenas abeturas o redor, como dentes de serra. esto debese a que antigumente algun canteiro collía de alì as pedras. primerio facianse os buratos con punteiro e o cincel e despois no oco metiase unha cuña de madeira, a que se mollaba con auga. a cuña hinchaba e escachaba a pedra. esa era a técnica que usaban os canteiros para romper as grandes pedras graníticas e despois transformalas en sillares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario