jueves, 16 de junio de 2011

o pazo-aldea de fontecova





















As aforas de santiago, falando coloquialmente, na parte de atrás das antenas do monte pedroso, atópase o pazo de fontecova, un sitio peculiar, un pazo aldea rodeado por todolos lados de monte. as únicas terras de labranza que atopamos alí son as que están dentro do gran muro de pedra que fecha a propiedade. O contraste entre as terras traballadas polo ser humano, o pazo, un edificio de boa canteiria de granito cun enorme patio interior empedrado, o pombal, e o monte que o rodea por completo, cas grandes antenas da radio galega, a tvg e a tve e impresionante. Ata na entrada da casa, nun burato que foi a mais debido as chuvias, formouse un cativo lago no que hai patos. parece talmente un decorado dunha película de emir kusturica, cun grande toque que mezcla o onírico e realidade. o lado negativo é que este lugar está semiruinoso ainda que vive xente nel, non sei se serán os caseiros ou os donos, xa que antiguamente esta inmensa propiedade era dun coengo da catedral. se vades alí non vos acerquedes moito a porta de entrada, hai un can con moi malas pulgas,que non para de ladrar coma un condenado, eso que é velliño e da a impresión que lle vai dar un ataque o corazón. outra cousa que chama a atención son as galiñas que andan por alí a sua bola, e o contrario do que acontece en todalas aldeas, están acheganse a ti coma se non visen moitos seres humáns por detrás das antenas do pedroso. coloquialmente falando...jaja









No hay comentarios:

Publicar un comentario