martes, 12 de julio de 2011

a serra do forgoselo













Sinto especial predilección polas serras desta terra nas que a dia de hoxe, podense ver grandes manadas de cabalos e vacas salvaxes vivindo en plena liberdade. Son todas moi similares, e a vez únicas. Paisaxes minimalistas compostos do ceo, os verdes prados, algúnha que outra árbore e os cabalos e as vacas, e bueno dende fai pouco, tamén os grandes muiños eólicos, e de banda sonora o silencio, un silencio pesado con voz propia,a voz dos teus pensamentos que se disparan en lugares coma estes. a última serra que visitei foi a do forgoselo, no concello coruñés da capela. chama moito a atención cando, xustamente despois de pasar o paso antigando na estrada, a paisaxe pasa de ser domesticada polo ser humano, a converterse en capricho dos habitantes da serra, cabalos garañóns e vacas mostrencas, que van comendo os toxos e deixando bonitos campos de herba. a sua maneira, poderiase decir que son uns grandes compoñedores de fermosas paisaxes, ca grande vantaxe de non crear feismo ningún, o contrario do ser humano.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario