jueves, 28 de julio de 2011

taberna o papuxa



Se vos deixades caer pola medieval vila de ribadavia, non vos perdades de entrar no papuxa, unha taberna das de toda a vida, para tomarlle unhas cuncas do bo viño do ribeiro, o de verdade,(non a auga con polvos que che dan por ahí.....) o de toda a vida que se cultiva nestas terras do ribeiro do avia. Cando vaiades non esperedes que vos sirvan, unha das peculiaridades desta taberna é que para beber solamentes che dan as cuncas, o viño tes que ir a collelo ti a bodega, abrir o pipo do barril e servirte, sen que ninguén che esté controlando o que botas, asi que aquí entra a boa fé da persona para despois decir as cuncas que consumiu. o entrar no papuxa chama a atención a taberna vella, de andar por casa,un lugar que che deixa sorprendido, pero cando imaxinas que nada mais poderá soprenderte........ volve a sopresa cando entras a bodega a coller o viño e a sopresa ainda e maior. Se vades con bo tempo, ainda ten outra parte mais, un patio interior cuberto por un grande emparrado, donde xa semellas estar no paraiso de baco por efecto do lugar ou quizas polo bo viño desta fascinante terra. non esperedes atopar nada de diseño alí todo e vello, de andar por casa, pero cun equilibrio perfecto para darlle un gran encanto doutro tempo a esta fascinante recuncho. Un aviso, pechade ben o pipo que senón o viño dos bocois segue a caer no chan, como querendo regar as lousas de pedra. non subo moitas fotos pois de noite, nun sitio no que as bombillas siguen sendo das de toda la life,e o efecto do viño............pero a este sitio pasalle como o fogar do santiso, ningunha foto da plasmado o encanto do lugar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario