viernes, 5 de agosto de 2011

as pozas de melon





















No montesío concello de melón, xa donde a provincia de ourense linda ca de pontevedra, nestas terras de montaña da dorsal galaica, podemos visitar as fermosas pozas de melón, unhas inmensas piscinas rústicas, feitas polo río cerves que no seu veloz baixar dende os últimos derrames montañosos das serras do suido e o faro de avión, hacia a comarca do ribeiro, buscando o rio miño, foi formando e segue a formar, estas pozas naturais, que están moi guapass. bañarse nelas nun dia soleado, despois de ir subindo paseniñamente paralelos o río, é toda unha grande recompensa para os sentidos. cada poza, e hai bastantesss, e diferente, unhas mais grandes, outras mais cativas, unhas mais abertas, sen apenas vexetacion arborea o seu carón, e outras mais fechadas e sombrias. hai que ir subindo apuradamente, e fixandose que pozas quedan libres, pois nestas terras do interior ourensán, donde o mar píllanos un pouco a desmán...... tanche moi solicitados estes jacuzzis naturais jajaja.

No hay comentarios:

Publicar un comentario