viernes, 14 de octubre de 2011

a ponte do demo



Na terra de deza, no concello de silleda, atópase a ponte do demo. unha fermosa ponte de granito que salva o rió que lle da nome a estas terras centrais da galicia, o deza. o lugar é máxico, o río transcurre por fermosas paisaxes, e para salvalo, os monxes do mosteiro de carboeiro construiron esta ponte. leva o nome de ponte do demo pois conta a lenda que os monxes como non daban rematado a ponte pidironlle axuda o mismísimo demo e este a cambio, levariase algunhas animas consigo. os monxes que tontos non eran, fixeron unha especie de rito polo que protexeron as animas, e así o demo non puido levalas consigo o rematar de construir esta ponte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario