viernes, 6 de septiembre de 2013

PARADA DOS MONTES

O topónimo xa ven a decilo todo..........ou casi jajaja, esta remota aldea das terras altas de lemos é unha auténtica pasada, perdida nunha ladeira do courel brollonés, no concello da pobra do brollón, é como unha chave o pasado, etnográficamente hablando neno. pero o mais chamativo é que é unha aldea viva, coma as de antes, cos currais cas galiñas debaixo das casas,as ruas facendo de secadero para facerlle despois a cama o gando, e donde as duras condicións do inverno montañés fixeron que a aldea sexa unha sucesión de pasadizos para poder ir da casa as outras dependencias adxacentes sen que choiva nin a neve limitasen... vamos como os soportais de santiago pero en versión rústica jajaja

outra cousa que che deixa un pouco "descolocado" é que por unha das ruas da aldea baixa un pequeno regato dándolle un toque veneciano de alta montaña o caserío

- ahí e cando te preguntas, será así sempre? ou alguén deixou aberto algún grifo... 
unha aldea sen vacas non é aldea!
creo que este lugar e deses que hai que visitar polo menos unha vez na vida, vale moito a pena, animádevos!!!
poucos carros quedan en uso



1 comentario:

  1. Como ben dices, un pobo vivo. Q ninguén o esqueza!

    ResponderEliminar