jueves, 3 de febrero de 2011

o campanario exento de san cibran




Nas terras da barcala, no concello da baña, chama a atención atoparnos cunha inmensa carballeira, na parroquia de san cibrán, por certo, bastante ben coidada, e no medio dela como surxindo da terra como os mesmos carballos, atopamonos cun campanario exento. a igrexa atopase uns cen metros mais abaixo, como nunha ondonada. e as casas da aldea, moito mais enriba. Seguramente o campanario atopase separado da igrexa, porque asi, o tocar as campas, sentirianas mellor. Na baña debia de levarse contruir as igrexas en sitios así, pois a uns kilometros de alí, tamén nos atopamos con outro campanario exento e a igrexa tamén metida no fondo do val.

santiaguiño do monte




Nas aforas da coruñesa vila de padrón, atopámonos enriba duns penedos ca figura do apostolo santiago, o que aquí cariñosamente, como somos os galegos ca nosa lingua, chamanlle santiaguiño do monte, como se fose un habitante mais de padrón. Había que cristianizar estes penedos polos ritos precristians que se levarian a cabo ali, e optaron polo apostolo santiago, xa que padrón é unha vila de longa tradición xacobea. O sitio está moi chulo xa que ten unhas fermosas vistas. Esse santiaguiño do monte!!....de padrón de toda la life nenoo.

domingo, 2 de enero de 2011

a pedra da auga




No concello de Silleda, atopase a pedra da auga, unha inmensa roca de granito a que a xente otorgalle poderes curativos. na parte de arriba ten unha grande poza na que a xente bota as moedas para pedir favores, e na parte de abaixo da roca, nunha pequena concavida producida pola erosión da auga, creouse un pequeno altar cheo de velas. aquí podese observar perfectamente a reminiscencia dos cultos precristiáns de adoracións as rocas, as que se lle atribuian poderes curativos, absorvidos pola ortodoxia da igrexa católica. o curioso e chamativo deste lugar é que non se construiu unha capela dedicada a virxe da auga, e así podemos observar mais claramente estas reminiscencias precristiáns de adoración. chamoume a atención o respeto da xente pois na poza de arriba, ademais de moedas de 5 e 10 centimos tamén hai algunha de 50 e de euro.... e siguen alí sen que nadie as levase.

o cabalo curioso


Ahí está no medio da vexetación do montañoso concello pontevedrés de cotobade, mirando para mín curiosamente e a vez seguro tras dese manto de vexetación espeso. cando chegaron os romanos a gallaecia, sorprendéronse de atopar grandes manadas de cabalos en liberdade vivindo nos nosos montes. o xeografo grego estrabón, cronista dos romanos, dicia que estes cabalos galaicos que vivian salvaxes,eran fillos do vento, que era quen os preñaba..... canta imaxinación tiñán estes do mediterraneo!!!

o seixo branco




Na costa de dexo, declarada patrimonio natural, no concello de oleiros, atopámonos co seixo branco, unha grande veta de cuarzo branco que sobresale por riba dos cantís. Parece unha gran serpe branca que sube do mar a terra. contan que antiguamente, nos dias soleados cando os barcos viñan para porto, guiabánse polo brillo do seixo branco nos dias soleados. ali preto atopase tamèn a pequena illa da marola, que como ben di o dito, "quen pasou a marola pasou a mar toda"....... pois esta zona da ría da coruña, betanzos pontedeume, é de díficil navegación.

a casa do cabildo


Unha das fachadas mais bonitas e representativas do barroco compostelán é a da casa do cabildo, pero o que mais chama a atención é que solamente e iso, unha fachada, mandada construir polo cabildo da catedral para armonizar un dos lados da praza das praterias. poderiase decir que é un decorado, pois ainda que de fronte parece un edificio enorme, despois de fondo ten coma dous metros.

lunes, 27 de diciembre de 2010

en busca dos dolmens de vimianzo




Nunca me esquencerei dunha vez que alguén me comentou que fora cuns amigos a visitar a ruta dos dolmens de vimianzo e que quedaran moi enganados pois virón un cartel que a sinalizaba, meteronse co coche por unha pista chea de curvas e sen aparente fin, despois tiveron que andar coma vinte minutos, e solamente había un dolmen alí.......... jajajaja rinme para meu interior claro, e moi diplomáticamente respondinlle que a ruta abrangue mais dolméns pero que non están todos xuntos, si non que se atopan desperdigados por toda esa gran zona da costa da morte. nosoutros, para chegar a este das fotos, tamén tivemos que pasar as nosas, e ademais está dentro dunha grande finca fechada que semellaba ser unha inmensa explotación de eucaliptus( xa postos a pedir, cando o franciscano galego frai rosendo salvado tivo a gran idea de traelos a galicia, debeu de traer tamen algún koala, así quedaban mais auténticos jajajaja). este dolmen está feito con grandes laxes de esquisto e ten unha gran cámara interior donde pode estar de pé perfectamente unha persona, ainda que o que mais te chama a atención e a soedade do lugar e o fondo a petrea imaxe do monte pindo, o noso olimpo da prehistoria.

unha catedral dentro dun mosteiro


Se algún día vades a visitar o mosteiro de sobrado dos monxes(si, ese mesmo que se fixo famoso cando un traductor do equipo do conselleiro de cultura, traduciu o castejano o seu nome: fallado de los monjes), seguramente unha das cousas que mas bos chamara a atención, e a gran maqueta da catedral de santiago que se atopa na igrexa deste mosteiro, non tiñán donde metela despois de rematar a exposición na que estaba en santiago(non lembro agora cal fora)...... e deixarona alí. típico en galicia nenooo!!!!!

os muiños do folón







Estes muiños atopanse no concello pontevedrés do rosal, cando miras para eles, o primeiro que pensas e, que fan alí tantos muiños xuntos, nunha pendente tan pronunciada e nun sitio con tanta beleza salvaxe, o de traballiños que pasarian os paisanos subindo e baixando cos burros cargados de sacos de millo para convertelos en fariña, e as grandes veladas que pasarian o son da gaita, bailando a muiñeira, e sacando a sede cos bos viños do rosal (sempre me gustaron mais estes albariños cos da zona do salnés).

o muiño de vento de brins


Sempre me sorprenderon as parroquias rurais das cidades, pois nelas é donde mellor se conservan mostras da etnografía popular galega. eu penso que é como un mecanismo de defensa das suas raices e de recordo os seus devanceiros, en contraposición ca cidade que teñén o carón, e que para toda a xente da aldea, non deixa de ser un monstruo no que nunca vivirian(ou para casi toda, sempre haiche algún desertor do arado). andando fai tempo na bici polo rural de santiago, atopeime cunha construcción que o que mais se me asemallaba era a un muiño de río, pero estaba no medio e medio dun camiño, e por alí non pasaba nin río nin regato, así que cando me acheguei mais e vin unha pedra de moer o carón da porta, empezoume a andar a mosca tras da orella, menos mal que alí, sentado nun banquiño de pedra, había un señor moi maior, no inverno da súa vida, tomando o sol dunha tarde de inverno, e pergunteille que era aquelo, e respondeume todo cheo de razón que era un muiño de vento, pero que xa non tiña a maquinaria antigua porque lle puxeran unha eléctrica. gustariame falar mais con ese señor, pero estaba tan pachucho, e vendo o esforzo que fixo para erguerse e falar conmigo, despedinme del amablemente e marchei ca bici.

domingo, 26 de diciembre de 2010

o coro da catedral de lugo




Se algún día vos deixades caer por lucus augusti, e levades unha cámara de fotos enriba, non perdades a oportunidade de entrar na catedral, e visitar o coro, unha magnífica obra en madeira feita polo escultor francisco de moure no século dezasete. antiguamente as catedrais eran ademais de lugar de culto, lugar de reunión para a xente, e entón os curas que sonche moi listos, intentaban ter o máximo espacio posible para eles en detrimento da xente, e poñian o coro na nave maior. a día de hoxe, en galicia, a catedral de lugo é a única que segue a conservalo no seu lugar orixinal. cando entredes a velo, veredes que está as escuras, e como non e de recibo(ou si) encender as luces que están apagadas, apenás veredes as maravillosas tallas de madeira, así que, sacade a cámara apuntade a calquer silla e sácade unha foto, cando as pasades o ordenador, saen cousas tan sorprendentes coma estás..........parece coma se a luz estivese apagada para non despertar a esa xente...........


domingo, 19 de diciembre de 2010

san salvador de camanzo







Vixiando as viñas que se esparcen polo fértil val de camanzo en terras de vila de cruces, atopámonos ca igrexa e algunhas dependecias do antigo mosteiro de san salvador, unha xoia do románico galego. pegada unha ala da igrexa ainda queda en pé un edificio, cun fermosísimo patio interior de estilo castelán, recuberto dunha viña cun tronco de 300 anos de antiguedade. o sitio está vido a menos, e moi decadente e dache moita pena ver o mal que esta conservado. cando nos abriron o lagar donde os monxes facian o viño, alí habia tres esculturas de pedra que parecian vixiar os barrís de madeira xa valeiros de viño e agora tuneados con telarañas. as señoras que nos amosaron o edificio(elas tampouco habian entrado nunca pois o cura facia pouco que deixara de exercer e vivir alí) aproveitaron para curiosear e non daban creto a como tantas cousas antiguas estaban estropeandose co polvo e a humidade. xa cando estábamos a visitar a igrexa, entraron outras señoras cantando, pois tiñan ensaio e o verme quedaron caladas, unha delas acercouse e díxome cun ton de voz entre avergoñado e traveso, parei de cantar por que pensei que eras o cura!!!!

san xoan da cova




En terras da ulla, no concello coruñès de Vedra atopámonos ca impresionante ponte do ferrocarril que une o paso de san xoan da cova, coñecido así pola existencia dun antiguo mosteiro nesa zona. As vistas son espectaculares dende alí enriba da ponte(andade a modiño pois pode pasar o tren), vese como o rìo ulla a traverso do paso dos anos foi tallando un pequeno desfiladeiro por onde correr silandeiro hacia a sua desembocadura na ría de arousa. Ata fai pouco tempo este viaducto era o mais alto de españa, pero agora o novo viaducto do ave que temos o seu carón, xa o superou en altura. esta zona está chea de lendas, coma unha que di que as covas do pico sacro remataban aquí no desfiladeiro este. moita imaxinación tiñan nosos antergos nas longas noites de inverno o carón do lume, bebendo o rico viño da ulla!!!!

domingo, 12 de diciembre de 2010

maxia en rairis




No camposanto da igrexa parroquial de rairis, no concello de teo, aintiguamente celebrábase un ritual para sacarlle o meigallo os cativos poseidos. tres señoras de nome maria, desa mesma parroquia, levaban o cativo o camposanto, sacabanlle toda a roupa, e pasabano nove veces polo arrededor de tres tumbas, para curalo do seu mal. faime gracia que unha cousa que antes era tan seria e na que creia a xente, se pasase a dìa de hoxe e visemos como sucede, chocarianos bastante, ver a tres señoras cun rapaz espido, pasandoo polas tumbas do cementerio jajaja.... ainda que o curioso é, que non sería de extrañar que rituais así seguiranse facendo a día de hoxe....

martes, 23 de noviembre de 2010

a capela dos martores




No pontevedrés concello de valga, atópase a capela dor martores, una edificación sinxela pero con moito encanto. a sua primeira construccion e de época sueva, aló polo seculo v. chama moito a atención as grandes sobreiras que hay o carón do templo. e tamén o pé dun dos muros da capela, atopamos no chan un sártego antropomorfo da epoca altomedieval. o lugar ten toda a pinta de outro sitio de ritos precristiáns de adoracións as deidades das augas, e despois reconvertido para cristianizalo, nunha capela católica.

lunes, 15 de noviembre de 2010

chegou o outono a santiago




castelo de san felipe







Na parroquia de brión, atòpase señoreando a fermosa ría de ferrol o castelo de san felipe, unha impoñente construcción, que xunto co castelo da palma, no outro lado da ría, defendía a entrada a cidade departamental. ademais das baterias de cañóns,usaban un método do mais curioso, tiñan unha grande cadea que ía dende un castelo o outro, aproveitando que nesa zona estreitase a ría, e que se podía tensar para impedir a entrada de barcos enemigos. O castelo está totalmente baleiro de mobiliario, ainda que esa desnudez ainda lle da un aire mais impoñente. Despois de visitalo e irte cun gran sabor de boca, sentaste fora, a contemplar a ría e de repente aparece como saido da nada, de debaixo do mar un buzo, (un rana como suelen chamarlle nos portos de mar), cunha grande saca de.......... pero non sube con ela o coche, pq rapida e disimuladamente baixa outra persona a collela tamen disimuladamente..... que profesionalidad la de los furtivos jajaja

jueves, 14 de octubre de 2010

o muiño de caldas


Creo que se falamos de tabernas, poderiamos facer dous grandes grupos, nun poñeriamos as mais vellas, esas de serrín no chan, poster do equipo de futbol desa cidade ou vila, outro dalgún monumento dese lugar e o tipico almanaque de toda a vida pero de fai quince anos polo menos, e todas no baixo dalgun edificio, sen cousa ningunha que lle dea personalidade salvo o paso do tempo e o mobiliario e decoración minimalista que segue sendo a mesma dende que abriu a taberna, e no outro grupo poñeriamos as que sen ser tan antiguas, son acolledoras porque se atopan nalgunha vella construción de pedra, co ambiente recargado de figuras de madeira e mil cousas mais que lle dan o aspecto dun museo etnográfico.Dentro deste segundo grupo podemos meter a taberna o muiño, en caldas de reis, a carón do río Umia, un sitio chamativo para tomar un albariño, ou dous...............

o acueducto de aldan




Ademais dunha bonita ría, a parroquia canguesa de aldan, conserva unha parte do acueducto que levaba auga dende unha mina no monte, ata o pazo dos condes de aldan,e que se atopa dentro do que antiguamente eran os terrenos de caza do pazo. (tamén nos chama a atencion un castelo en miniatura rodeado dun pequeno foso, rodeado dun fermoso bosque o que a xente acertadamente chama o bosque encantado). a día de hoxe solamente podese ver un arco que chama a atención pola sua grandiosidade, ainda que as pedras non estàn casi labradas, son mais ben de perpiaño, grandes e toscas, e ata, ainda lle dan unha impresion de fraxilidade a construcción, o sobresair e mezclarse grandes pedras ciclopeas con pequenas pedriñas para tapar as xuntas que quedaban entre elas. mirando para el, si poderiamos decir que o acueducto e rústico total.

martes, 12 de octubre de 2010

as catacumbas de cuntis




Na parroquia de arcos de furcos, no concello pontevedrés de cuntis, atopase o carón da igrexa parroquial o camposanto, un de tantos, no que se mezclan o granito co cemento, a galicia bonita ca galicia fea, pero o que ten de particular este lugar,e o cementerio paralelo que se atopa literalmente debaixo do outro, o que os veciños chaman as catacumbas. Seguramente debido a masificación do cementerio o aire libre, crearon este debaixo da terra. a impresión cando accedes a el baixando unhas escaleiras e chocante, probadeo.......!!!!!!!!