jueves, 25 de diciembre de 2014

bo nadal feliz navidad

xa queda menos para o bo tempo e disfrutar das rias galaicas e o solete!!
bo nadal a tod@s!

sábado, 4 de octubre de 2014

o horreo de estacas en cuntis

Se algún día pasades por cuntis facede un desvio a parroquia premontesia de estacas na ladeira do monte xesteiras, vale a pena para ver o conxuntos que forma a casa rectoral e o inmenso horreo un dos mais grandes da nosa terra. ojo al dato neno, o chegardes tedes que buscar a porta principal do portalón de acceso a finca rectoral,o seu carón hai outra porta metálica, abrídela con coidado para que non escape o único habitante

domingo, 21 de septiembre de 2014

a capela da magdalena

Creo que un dos sitios mais descoñecidos e como tal mais grato o descubrilo e o conxunto formando pola capela da magdalena, o estanque rústico que ten o seu carón separados por unha bonita carballeira o pe da cal brota a auga milagreira dunha fonte que diriase que nace debaixo da capela.
outro sitio mais de adoración precristian as deidades das augas nesta vella terra galaica reconvertido hoxe nun lugar de lecer bastante pintoresco a par que descoñecido sobor de todo se pensamos que se atopa a escasos 12 kilómetros de Santiago no concello do pino........ pero non no quinto pino!!


jueves, 4 de septiembre de 2014

las jubias

Las jubias neno jajaja
Sempre fun da opinión de que os sitios con mais encanto non se atopan perdidos no medio da natureza no rural mais profundo e montesio ou nas costas menos antropizadas desta vella terra galaica, o contrario, eses sitios atópanse nas aforas das cidades, como illas pintorescas cuasi engulidas pola urbe e quizas como mostra de ser sitios diferentes conservanse así pois e o único que lles queda a diferenciación ante  a homogenización que da a cidade.
un destes sitios e o barrio mariñeiro das jubias  na cidade da coruña, ali aínda podemos atopar as tipicas casas costeiras das mariñas cos seus balcóns de madeira pintados de cores alegres como as gamelas que aínda quedan tapizando esta parte da cativa ria da coruña.

jueves, 17 de julio de 2014

ferreira de pallares

Na provincia de lugo,facendo de nexo de uniòn entre a terra cha lucus citi e a sorprendente comarca da ulloa atòpase o concello de Guntín e nel a fermosa igrexa do antigo mosteiro de ferreira de pallares. o sitio a dia de hoxe por desgracia rezuma tristeza e decadencia e iso que esta bastante arreglado pero.............viviu tempos mellores ala nos lonxanos tempos de alta idade media.
chama moito a atención que o camposanto esta xusto de frente da fachada principal...cando ahi deberia estar o obradoiro ou maria pita ou a praza maior de lucus por poñer tres exemplos galaicos.
toda unha metafora do sitio a praza maior é o  camposanto que ten moita vida,,,, gatuna jajaja pois nel habita unha grea de gatos okupas.


jueves, 29 de mayo de 2014

O que dan de si as sinais

Toponimia fálica no concello de teo

A igrexa de berres e o sacristàn

No coruñés concello de trazo atópase a igrexa parroquial de berres un bonito templo cunha curiosidade chamativa, que non ten torre das campás, xa que esta atópase exenta, formando outro edificio o que lle da o lugar un toque diferente e a vez chamativo. Cando fun a visitala estiven a falar co sacristán prototipo de señor do rural listo coma un allo e caixa sen fondo de anécdotas graciosisimas. Unha de las versaba dunha boda no templo ese, na que tivera que barrer oito kilos de arroz, e como dáballe magoa tiralos..........doullos de comer as galiñas , pero logo!! Non querían comerlle outra cousa...eran bien finas las gallinas!!!!!

viernes, 6 de septiembre de 2013

PARADA DOS MONTES

O topónimo xa ven a decilo todo..........ou casi jajaja, esta remota aldea das terras altas de lemos é unha auténtica pasada, perdida nunha ladeira do courel brollonés, no concello da pobra do brollón, é como unha chave o pasado, etnográficamente hablando neno. pero o mais chamativo é que é unha aldea viva, coma as de antes, cos currais cas galiñas debaixo das casas,as ruas facendo de secadero para facerlle despois a cama o gando, e donde as duras condicións do inverno montañés fixeron que a aldea sexa unha sucesión de pasadizos para poder ir da casa as outras dependencias adxacentes sen que choiva nin a neve limitasen... vamos como os soportais de santiago pero en versión rústica jajaja

outra cousa que che deixa un pouco "descolocado" é que por unha das ruas da aldea baixa un pequeno regato dándolle un toque veneciano de alta montaña o caserío

- ahí e cando te preguntas, será así sempre? ou alguén deixou aberto algún grifo... 
unha aldea sen vacas non é aldea!
creo que este lugar e deses que hai que visitar polo menos unha vez na vida, vale moito a pena, animádevos!!!
poucos carros quedan en uso



jueves, 15 de agosto de 2013

FERVENZAS DE TOXOSOUTOS

No montesío concello de lousame, o menos coñecido do barbanza xa que non ten saida o mar, e queiras ou non a costa prima por sorte para algúnse desgracia para outros, atópanse duas fermosas fervenzas, unha de estilo mais galaico e desordenado, donde a auga do río chouta por riba das rochas, e a outra mais estilo natural racional ou non galaico donde a auga cae literalmente mais ordenada e facendo unha cortina ata chegar a unha fermosa poza, desas que si ides no verán vale moito a pena bañarse nela, non todo vai a ser mar y piscinita neno!! jajaja
A primeira ferveda, esta detrás da igrexa do antigo mosteiro de san xusto de toxosoutos, e cando se fala de mosteiros falase por ende de terra brava e agreste, como é esta zona donde o rio san xusto encaixonase entre ladeiras cubertas de carballos e ameneiros.
cousa que os monxes de toxosoutos non deberon de aceptar ben, pois de ter propiedades en toda galicia e moitos priorados para controlar el monei das grandes rendas no seculo doce, non tardaron nin cen anos en tirarse a unha vida mundana chea de praceres e pouco a pouco despilfarrar as rendas a saber en que.... jejeje..........ata remataren eles mesmos sendo un pobre priorato do mosterio de san martiño pinario de santiago de compostela.......tela con los monjes!! cuanto vicio!
Se algún día ides de santiago a noia ou viceversa, xusto cando empeza ou remata a costa de san xusto, non vos privedes de facer unha paradiña para visitar este fermoso recuncho, vale moito a pena!






martes, 30 de julio de 2013

as pesqueiras de herbon

No coruñés concello de padrón pero do outro lado, no padrón ullán,( si home si, carcacía ,herbón unos pican y outros non jajaja) non no do sar, atópanse unhas mostras etnográficas de primeiro orde, que algúns remontan a época romana, as pesqueiras; despois de todo esta zona nesa epoca era unha das mais habitadas da gallaecia, iria flavia.
utilizábanse e utilizanse para pescar o ouro comestible do ulla, a lamprea, animal antidiluviano.Xa no século nove hai referencias escritas sobre estas pesqueiras.
o sitio en si está moi ben, dunha parte padrón doutra pontecesures e o ulla silandeiro facendo de fronteira e a vez unión das xentes das duas ribeiras.




domingo, 21 de julio de 2013

praia da barda

Sempre me gustaron as praias solitarias ou casi, nun entorno agreste ou casi, en contraposición cas outras mais cheas de xente e en entornos urbanizadísimos(que raro son....jajaja) é ironia.
Unha destas praias e a da barda no coruñés concello de ponteceso. teno todo, diíícil acceso, pouca xente, gamelas na auga, casetas de pedra de pescadores cuasi tuneadas no entorno, augas transparentes, que por efecto das duas ladeiras que rodean a praia cheas de verde toxo danlle un contraste verdoso o auga, mais parecida a do río, unha enorme gruta e ata  unhas vistas dos muiños eólicos do roncudo que queiras ou non resulta curioso estar na praia bañándote e mirando para eles!!!





jueves, 11 de julio de 2013

o anxo do culete da rua do vilar

Moito me gustan estes pequenos  e a vez grandes detalles que temos na zona vella,
o santiago máxico chamoo eu,
un deles e este anxo que se atopa nun capitel da rua do vilar
e como funciona? cales son as instruccións? jajaja
pois collede a alguén que non sexa autóctono de santiago ou sendoo que todo e posible, que non sepa da existencia desde anxo co cú o aire, levadeo de paseo pola rua do vilar a a altura do capitel(que como e dunha arcada queda a pouca altura) pedídelle que peche os ollos, que vos de  a man,

que estire un dedo e........insertadeo literalmente no culete do anxo!



a capela de san vitorio de cambas

Na zona donde o coruñés concello de aranga forma parte da dorsal galaica e se xunta co lucense  de guitiriz, atópase a singular capela do san vitorio, unha petrea e tosca construcción de granito, con teito de pizarra.
chama a atención a súa ubicación  nunha enorme chaira de amplas perspectivas e salpicada de muiños de vento.
a particularidade desta capela e que erache moi avogosa para sandar os animais,
tiñas que ir a capela e botar os cartiños para dentro, por una estreita fiestra, a única que ten o templo
seike canto mais monei lle botabas, mais posibilidades de sandar tiña a vaquiña, despois dar unhas voltas con animal e xa....

que pillabans eran estes do clero!!!
jajaja
outra das cousas chamativas desta capela e, que nun enorme penedo que ten a uns metros, moi gastado pola erosión( estas son terras altas e rudas de montaña donde pola falta de árbores o vento pasa factura) atòpase a pegada de roldan, si o da chanson, o colega do carlomagno! jajaja
debía de ser un xigante pois a pegada ten un metro de longo
pero o curioso é como chegou ata estas terras a lenda esa que di que por ahí pasou roland, de camiño seguramente para santiago.
sempre me chamou moito a atención que cando vas por estas aldeas e falas ca xente, contanche que foron duas ou tres veces na sua vida a ciudad unha o medico outra as festas e outra de paseo, ahi ves que o seu mundo e a sua aldea, pero a vez ata ela, e  a saber como. chegou algo da mitoloxia historica europea medieval.



domingo, 9 de junio de 2013

O HORREO DE LIRA

No coruñés concello de carnota atópase o segundo horreo mais longo do mundo, e non é o de carnota, senon o de lira, que e mais longo pero non tan chulo, o de carnota e o terceiro ainda que en famita e o primeiro, e o primeiro en lonxitude e o de araño no concello de rianxo. Ainda que o mais grande por metros que ocupa e capacidade e o do mosteiro de poio no pontevedrés concello do mesmo nome......un pouco lio a entrada jajajaja.............mellor ollar para as fotos!
que ben vivian estes curas, moito millo tiñan que recibir dos diezmos para ter que construir estes horreos tan grandes.
seguramente o cura de lira e o de carnota andarian a piques, presumindo "del tamaño" dos seus horreos respéctivos.

domingo, 26 de mayo de 2013

do cruceiro de bargo a tras das penas


<> </>

cruceiro do bargo na encrucillada de camiños
Unha tarde soleada deste pasado e a vez tan recente inverno  fixen unha saida ca bici pola zona da peregrina, sempre que vou párome a falar con alguén, e sempre remato sabendo cousas novas sobre as lendas e non tanto desta antigua zona do rural santiagués. cando estaba a limpar a data de construcción do cruceiro do bargo,  apareceu unha señora maior: -siii, eu non sei moito(contestume a miña pregunta de si sabia porque estaba ahí o cruceiro), pero puxérono aquí para que cando baixaban cos cadaleitos non se metesen os defuntos na aldea, pois e unha encrucillada  de camiños,e aqui é donde aparecía-(referindose a santa compaña)..... contábame a señoriña emocionada. -e tamén  as señoras traian os filliños e poñianos no cruceiro e facianlle cruces polo corpo, para sacar o mal do aire...claro que ca fame que se pasaba neses aniños como non
 ian estar mal os nenos....quedou un anaco pensativa, como facendo un exercicio de memoria, e despois contoume que habia un veciño desa zona de aradas, que estivo todo un mes indo o montede tras das penas, pois dixeranlle que habia unha galiña que puña ovos de ouro e despois enterrabaos no chan........ -ovos que se sepa non atopu ningún pois morreu pobre o pobreciño, eso si deixou todo o monte cheo de buratos!!!

sábado, 25 de mayo de 2013

quero un polo de fresa

Sempre me gustou moito a eira do estanco tenda bar da escravitude, no coruñés concello de padrón. onte facendo un tramo do camiño portugués o reves, dende santiago ata caldas de reis na bici( é o que temos os autóctonos de santiago, que temos que facelo o reves... jajaja), parei alí a tomarlle algo, o sitio ten ese poder catalizador que te retrotrae a outras epocas, co chan empedrado a modo de eira  e as galiñas por alí a sua bola, sonche raras eh! unha delas estaba a mirar que polo ia mercar!!
 un frigo pie!

a capela de san amaro de forcarei

Parafraseando a anterior entrada: no pontevedrés concello de forcarei na comarca de terra de montes, na parroquia de meabia, atópase a capela de san amaro, ademais de chamar a atención por estar en ruinas, chamaa mais por atoparnos en galicia unha igrexa así, ainss!!! que pasará con esa capela cando nin o concello nin os veciños queren saber nada dela.....é unha pena, un contenedor sin contido o carón do antigo camiño dos vreeiros que atravesaba estas terras de forcarei dende ourense a santiago para entre outras cousas traer o rico viño do ribeiro a compostela. algo curioso é que a cada lado do altar maior hai duas escaleiras de caracol, cousa curiosa que non se suele atopar nos templos galegos salvo en contadas excepcións como poden ser a catedral de santiago e sin non lembro mal, tamén na capela dos milagros de amíl, no pontevedrés concello de moraña, polo que tamén pasa o rio umia como pasa por aquí por esta capela en ruinas de san amaro!


nomenclatura do faramello

Encántame con que estilazo e redundancia sinalizaban antes os lugares!!!!


miércoles, 15 de mayo de 2013

O EMBALSE DO CON



Se algunha vez os deixades caer polas terras do salnés, que reciben este nome porque antiguamente había moitas salinas nesa zona, pegade un salto, ou dadevos un pirulo como dicen los malotes adolescentes, ata o embalse do con, mais coñecido por embalse de vilagudín, no concello de vilagarcia de arousa. o embalse esta no sitio perfecto, rodeado das montañas que forman a serra do xiabre, ,alí no fondo do val, cuasi emboscado, esperando por unha visita que a verdade, ben se merece pois non todo vai ser albariños, non? jajaja