viernes, 29 de julio de 2011

a fervenza do ezaro







No cativo pedazo de terra que o concello coruñés de dumbría acaricia o mar, atópase a fantasmagórica fervenza do ezaro, a única fervenza que desemboca literalmente no mar. a paisaxe e desanxelada, polo pobre da vexetación xa que mires a onde mires ves enormes rochas, ca mole granítica da serra do pindo sendo a protagonista desta paisaxe,pero ten unha beleza que sobrecolle os sentidos. o río xallas que é o que forma esta fervenza, o atoparse cas duras rochas graníticas, non consigue erosionalas, e por eso ten que pegar un chimpo para chegar o oceano atlántico e así, como quen non quere a cousa, crea esta fermosa fervenza. o curioso e mosqueante é que si agora nos chama a atención, imaxinémonos como sería fai uns anos, antes de que os embalses que pobran o xallas impediran que o rìo chegase con todo o seu caudal a este pedaciño de costa no que dumbria asómase o bravo atlántico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario