viernes, 29 de julio de 2011

o monte louro







O monte louro, no concello coruñés de muros, é un facho, así chamabánlle antiguamente os montes o carón do mar, pois neles prendianse antorchas a modo de primitivos faros para guiar os barcos a bo porto, nunca mellor dito. Este é un monte mítico, é porta e vixia da entrada da ría de muros e noia. din que é un monte que fala, xa que avisa cando vai cambiar o tempo polas nubes que se quedan xunto del. se vades pola estrada que de muros sae hacia carnota, tedes que desviarvos hacia ancoradoiro, e alí os pes do louro atópase a lagoa de xalfas, un refuxio para centos de aves, tamén vemos unha gran duna, que separa a lagoa do mar, como semellando non deixar que as augas da lagoa toquen as do mar ou viceversa, e o fondo, vixiando esta preciosa paisaxe bastante salvaxe por sorte, para estes tempos de "urbanización pegada al mar", o monte facho louro, semellando unha illa que quere pero non pode logralo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario