sábado, 17 de abril de 2010

o leito de pedra da lanzada




Cando as mulleres non se daban quedado embarazadas ian a tomar as nove ondas a praia da lanzada a noite do 23 de xuño que é a mais curta do ano, e despois ian co marido a cama de pedra que atopamos detrás da ermida románica da lanzada a yacer. un polvo petreo en toda regra.....


jueves, 15 de abril de 2010

reciclando en fisterra


No muro que separa a estrada que sube o faro de fisterra da igrexa de santa maria da area, chama a atencion que unha das pedras da parte de arriba que fan as veces de banco, é a tapa dun sartego. reciclasing mi friend!!!!!

lunes, 12 de abril de 2010

o primeiro telefono de cee


Parece talmente un robot, ata resulta simpático se miras para el, solo lle faltaría falar, é o primeiro telefono que tivo o pobo de cee. e falar, falaban a traves de el, o primeiro telefono de see!!!!!!!!

o grial do cebreiro


Chegar a aldea do cebreiro e como dar un paso de xigante atrás no tempo. sitios coma este, sinon existisen terian que inventalos. Cas suas pallozas, cos seus pelegrins, e ca sua lenda. esta contanos que un dia de moito temporal de neve un paisano decidiu ir a misa, e o cura o velo burlose del por non quedar na casa co dia tan malo que facía. ainda non acabara de decir esto cando o viño do caliz convertiuse en sangue e a ostia en carne(sona un pouco bastante a misa...jajaja),e asi a dia de hoxe podemos velo na igrexa de santa maria do cebreiro, o grial galego.

sorpresa fálica en leboreiro


A aldea melidense de leboreiro e coñecida por pasar por ela o camiño. e tamén polos seus capazos, ainda que por desgracia solo queda un a saida da aldea, e mais en plan atractivo turistico etnográfico que facendo a función de mini horreo. a aldea conserva unha igrexa de transiciòn do románico o gótico bastante chula, pero o que de verdade chama a atención para aquela persona que a localize e o pene que podemos observar nun dos canzorros desta igrexa. a saber que simbolizaría antiguamente...........picha brava!!!!!!!

a igrexa de marmore


No concello do incio, terra brava, parafraseando o escritor lucense anxel fole, atopamonos ca sorprendente igrexa de san fiz do hospital. é esta unha igrexa integramente construida en marmore, e que pertenecia os cabaleiros da orde de san xoan de xerusalen. ademais da igrexa o conxunto consta dun campanario separado e dun mausoleo. di a lenda que a igrexa constriuna nunha sola noite o demo. A explicacion de que sexa de marmore é porque nesta terra habia xacementos dese material.

domingo, 4 de abril de 2010

a virxe da barca



hai unha teoria que di que a costa da morte chamase asi porque ali era donde remataba todo o coñecido e o sol morria metendose dentro do mar. por eso o camiño de santiago remata na costa da morte. dende a antiguedade a xente seguia a via lactea como mapa celeste e peregrinaba ata o fin da terra o finisterrae dos romanos. antes de chegar ali desviabanse a outro sitio cheo de maxia, as aforas de muxia, donde hoxe atopamos o santuario da virxen da barca. cas partes de barca convertidas en pedra e a que se lles otorgaron poderes curativos, de ahi que a igrexa católica cristianizase o lugar co santurio ese. e a barca de pedra que din que trouxo a virxen poderia ser perfectamente a barca que usaba caronte para pasar os mortos a o outro lado do rio lethes na mitoloxia griega. todo se repite pero con diferentes nomes segun o lugar donde sexa.

a torre de santo tome


A torre de santo tomé construirona para avisar das incursions viquingas que entraban pola ría de arousa. cando se avistaba unha flota enemiga entrando pola ria de Arousa, encendiase arriba da torre unha fogueira a modo de sinal, que era vista na zona de catoira e avisaba da chegada dos barbaros do norte. Era un rustico pero efectivo modo de aviso en cadena. A primeira fogueira que se acendia era a da torre da lanzada, despois a da torre de santo tomé e de ali a das torres do oeste en catoria, ainda que me imaxino que entre estas tres haberia algunha outra torre mais pola gran distancia que hai entre elas e polos accidentes xeográficos que impiden que se vexan entre elas. A dia de hoxe solamentes quedan as ruinas da torre de santo tomé, pero ainda pode apreciarse a chimenea que tiña no interior, e que posiblemente era donde prendian o lume. Arcaico total pero moi efectivo nesas epocas da alta idade media.

lunes, 29 de marzo de 2010

torre de hercules



contan as sagas irlandesas, que para eles é como para os cristians a biblia, que hercules loitou contra un xigante chamado xerion, e despois de matalo enterrouno, e enriba da tumba constriu unha torre. Este hercules tiña un sobriño que se chamaba ith e que sempre subia a torre e pasabase horas mirando para o mar(estaba aplatanado neno!). unha tarde clara viu brillar algo no medio do mar, e decidiu ir cunha flota ata alí haber que era iso, e asi foi como descbriu unha nova illa ata esa descoñecida. como a illa non tiña nome puxose o seu, ith. ese nome foi variando co tempo de ith a eire e de eire a ireland. nos chamamoslle irlanda a esa illa e a torre a que subía ith, torre de hercules. e asi sale representado no escudo desa cidade. telita neno, un coruñés descubriu irlanda buah!!!!!!!!

sábado, 27 de marzo de 2010

caranza caranza



Gústame moito o barrio de caranza, en ferrol. Cando entras pola ponte das pìas da a impresión de que se quere escapar da cidade. tamèn chama moito a atenciòn que é un barrio de grandes torres de edificios que semella mais pertencer a unha cidade grande como madrid ou barcelona que a galicia. Se paseas polas suas ruas, entre os edificios ainda quedan campos de herba natural, desa na que de cativos tantos nenos pasaban horas xogando a eses xogos que agora non se levan por culpa dos videoxogos. tamèn chama a atenciòn ver algùns cabalos pastando nos campos que estan pegados a rìa, e no fondo ver en contraposición as grandes gruas de navantia. Antiguamente, nos anos oitenta e noventa este era un dos barrios mais "perigosos" de toda galicia. a dìa de hoxe, por sorte para os seus veciños, e un barrio bastante tranquilo. caranza caranza mola!!!!!!!!!

jueves, 25 de marzo de 2010

a pena longa



No concello de tordoia atopámonos ca pedra longa, unha grande rocha granítica de forma alargada que parece que alguen puxo alí, e para que non caese puxolle os lados outras mais cativas. A tarde que fumos a vela estaba moi concurrida, despois de todo, se sacamos o dolmen de tordoia, a pena longa pasa a ser o segundo reclamo turístico deste concello do rural coruñés. Na pedra hay unha placa que di que a pedra era dun matrimonio e nos anos noventa donoulla o concello de tordoia. Vaía donacion mais GRANDE!!!!!!!!!!!! jajaja

cruceiro e santa compaña


Antiguamente creìase que a santa compaña era mais fácil que aparecese nos cruces de camiños, e por ese motivo pùñanse neles os cruceiros(de ahí ven o nome cruceiro). Este da foto atopase na santiaguesa parroquia da peregrina. Cando lle estaba o outro día sacando unhas fotos, pasou un señor e cunha cara de felicidade desbordante díxome: o cruceiro e meu!!!!, puxoo aquí meu avó no ano 1889, e sinalaba a fecha ca man; entón dixenlle que os poñian nos cruces de camiños pola santa compaña, e el dixome que o avó puxerao por que por ali pasaban os mortos, cando baixaban da zona de arriba(chamoume a atencion que dixo mortos como quen di que por ali pasaban as vacas ou un gato). O pobo galego sempre tivo unha relación moi cercana ca morte.

miércoles, 17 de marzo de 2010

a pena agrela


Señoreando as terras da parroquia de lampai, no concello de teo, atopámonos co monte da pena agrela, un balcòn privilexiado para ver a rìa de arousa a un lado, os montes do oleírón o outro, as terras de lampai o outro e santiago no outro(cantos outros.... jajaja; norte, sur, este e oeste). arriba de todo había un cruceiro do que xa non queda nada del, salvo o pedestal, ou tiróuno un raio ou levòuno algùn gañán para adornar o seu chalet. ademais das grandes rochas que atopamos na cumbre, tamen vemos pequenos pedazos de pedras soltos tirados no chan. se nos fixamos, moitas das grandes pedras teñen coma unhas pequenas abeturas o redor, como dentes de serra. esto debese a que antigumente algun canteiro collía de alì as pedras. primerio facianse os buratos con punteiro e o cincel e despois no oco metiase unha cuña de madeira, a que se mollaba con auga. a cuña hinchaba e escachaba a pedra. esa era a técnica que usaban os canteiros para romper as grandes pedras graníticas e despois transformalas en sillares.

sábado, 13 de marzo de 2010

cementerio "romántico"



as aforas de Cambados atopámonos cas ruinas da igrexa de santa maria de dozo. Son unhas ruinas moi románticas, salvo porque forman parte do cementerio do pobo. o lugar e unha mezcla de romanticismo e tetricidade. dache a impresiòn que de repente vai aparecer por alí algun espìritu ou mismamente os de cuarto milenio!!! para chegar as ruinas tes que pasar antes polo medio do cementerio, as tumbas rodeante polos dous lados, é unha extraña sensación.

jueves, 11 de marzo de 2010

PICO SACRO


Señoreando as terras do ulla atopámonos co pico sacro, lugar de reminiscencias xacobeas. din que ahì tiña o seu castelo a raiña lupa(loba en latín, debía ser boa peza a muller....). O que mais chama a atención ademais das vistas e que as rocas non son graníticas, sinon de cuarzo, por eso a erosión non lle afectou tanto coma o restos dos montes galegos, e en vez de ter unha cima alombada tena en punta. tamen atopámonos con unha cova con duas entradas e ata hai unha capela. Proba de que antiguamente era un lugar de adoración precristiana. para saber que se adoraba nese lugar temos que saber de que é patron san sebastián, a quen está dedicada a capela, e así damos ca resposta.

tiralle das barbas


encántanme os canzorros das igrexas románicas. ademais de para aguantar o voladizo do tellado, tamén tiñan outra función, eran os libros do vulgo. a xente non sabía leer nesa época e entón usabense as imaxes a modo de libro. Casi todos os canzorros tiñan unha función moralizadora. Este que atopamos nunha igrexa do concello de boqueixon falanos do pecado da soberbia, por eso sale un paisano tirándose da barba. Xa na idade media era bo o dito de que unha imaxe vale mais que mil palabras!!!!!!

miércoles, 10 de marzo de 2010

dornas


Creese que as dornas, as embarcacións típicas da ría de arousa, son un legado que deixaron os viquingos cando facian as suas incursións as terras de Jakobsland(santiago). Ter, teñenche certo parecido cos drakkars viquinguos. Cando os mariñeiros saian a pescar con elas, se ollaban os arroaces entrar pola ría, sabian que ian ter boa pesca de sardiñas, pois entraban detras delas. sabiduría popular mariñeria das terras de arousa.

capela da animas


contan que o escultor que tallou os retábulos da capela santiaguesa das animas, como non lle viña a inspiración para poñerlle rostro as esautas, cando había misa corría unha cortinae dende alí miraba a xente que asistia a ela e despois poñialle as suas caras as estatuas. cando chegou o dia da inaguración, a igrexa estaba chea de xente(desa non había futbol na tele, porque nin tele ni futbol existían....) e o descorrer as cortinas que tapaban os retábulos a xente empezou a flipar o ver que estaban alí representados, a muller que lle puxeron a sua cara a virxen maria quedaría moi contenta, ou os pais que viron que o neno xesus era o seu cativo, pero os que se viron as suas caras nas estatuas dos xudeos casi linchan o escultor!!!!!!!!!! as veces a realidade supera a ficción.

muiños de vento


Se a día de hoxe che din: muiños de vento, o momento a tua mente ben a imaxe dos muiños aeroxeneradores de electricidade que dende fai un tempo vemos en casi todos os montes de galicia. a min personalmente non é que me molesten, nin visualmente falando, é mais,teñen seu encanto, señoreando as zonas altas desta nosa terra. Pero se fai cen anos che din: muiños de vento, que? pois, viriache a mente unha imaxe como esa da foto, os muiños de vento da parroquia de Abalo, no concello de Catoira. dende alí tamén podemos ver unhas espectaculares vistas de toda a ria de arousa.

martes, 9 de marzo de 2010

cementerio civil de caion


Chama a atenciòn que nun pobo cativo coma o de caiòn, antiguo porto baleeiro, atopèmonos cun cementerio civil. pero o que chama mais a atención é que as làpidas que ten dentro teñen frases cristiàns. sería debido a falta de espacio no cementerio católico ou a que ainda que os alí enterrados eran ateos, os familiares que puxeron as frases esas non?............. a costa da morte nunca deixa de sorprenderme!!!!!!!