sábado, 17 de abril de 2010

o leito de pedra da lanzada




Cando as mulleres non se daban quedado embarazadas ian a tomar as nove ondas a praia da lanzada a noite do 23 de xuño que é a mais curta do ano, e despois ian co marido a cama de pedra que atopamos detrás da ermida románica da lanzada a yacer. un polvo petreo en toda regra.....


jueves, 15 de abril de 2010

reciclando en fisterra


No muro que separa a estrada que sube o faro de fisterra da igrexa de santa maria da area, chama a atencion que unha das pedras da parte de arriba que fan as veces de banco, é a tapa dun sartego. reciclasing mi friend!!!!!

lunes, 12 de abril de 2010

o primeiro telefono de cee


Parece talmente un robot, ata resulta simpático se miras para el, solo lle faltaría falar, é o primeiro telefono que tivo o pobo de cee. e falar, falaban a traves de el, o primeiro telefono de see!!!!!!!!

o grial do cebreiro


Chegar a aldea do cebreiro e como dar un paso de xigante atrás no tempo. sitios coma este, sinon existisen terian que inventalos. Cas suas pallozas, cos seus pelegrins, e ca sua lenda. esta contanos que un dia de moito temporal de neve un paisano decidiu ir a misa, e o cura o velo burlose del por non quedar na casa co dia tan malo que facía. ainda non acabara de decir esto cando o viño do caliz convertiuse en sangue e a ostia en carne(sona un pouco bastante a misa...jajaja),e asi a dia de hoxe podemos velo na igrexa de santa maria do cebreiro, o grial galego.

sorpresa fálica en leboreiro


A aldea melidense de leboreiro e coñecida por pasar por ela o camiño. e tamén polos seus capazos, ainda que por desgracia solo queda un a saida da aldea, e mais en plan atractivo turistico etnográfico que facendo a función de mini horreo. a aldea conserva unha igrexa de transiciòn do románico o gótico bastante chula, pero o que de verdade chama a atención para aquela persona que a localize e o pene que podemos observar nun dos canzorros desta igrexa. a saber que simbolizaría antiguamente...........picha brava!!!!!!!

a igrexa de marmore


No concello do incio, terra brava, parafraseando o escritor lucense anxel fole, atopamonos ca sorprendente igrexa de san fiz do hospital. é esta unha igrexa integramente construida en marmore, e que pertenecia os cabaleiros da orde de san xoan de xerusalen. ademais da igrexa o conxunto consta dun campanario separado e dun mausoleo. di a lenda que a igrexa constriuna nunha sola noite o demo. A explicacion de que sexa de marmore é porque nesta terra habia xacementos dese material.

domingo, 4 de abril de 2010

a virxe da barca



hai unha teoria que di que a costa da morte chamase asi porque ali era donde remataba todo o coñecido e o sol morria metendose dentro do mar. por eso o camiño de santiago remata na costa da morte. dende a antiguedade a xente seguia a via lactea como mapa celeste e peregrinaba ata o fin da terra o finisterrae dos romanos. antes de chegar ali desviabanse a outro sitio cheo de maxia, as aforas de muxia, donde hoxe atopamos o santuario da virxen da barca. cas partes de barca convertidas en pedra e a que se lles otorgaron poderes curativos, de ahi que a igrexa católica cristianizase o lugar co santurio ese. e a barca de pedra que din que trouxo a virxen poderia ser perfectamente a barca que usaba caronte para pasar os mortos a o outro lado do rio lethes na mitoloxia griega. todo se repite pero con diferentes nomes segun o lugar donde sexa.

a torre de santo tome


A torre de santo tomé construirona para avisar das incursions viquingas que entraban pola ría de arousa. cando se avistaba unha flota enemiga entrando pola ria de Arousa, encendiase arriba da torre unha fogueira a modo de sinal, que era vista na zona de catoira e avisaba da chegada dos barbaros do norte. Era un rustico pero efectivo modo de aviso en cadena. A primeira fogueira que se acendia era a da torre da lanzada, despois a da torre de santo tomé e de ali a das torres do oeste en catoria, ainda que me imaxino que entre estas tres haberia algunha outra torre mais pola gran distancia que hai entre elas e polos accidentes xeográficos que impiden que se vexan entre elas. A dia de hoxe solamentes quedan as ruinas da torre de santo tomé, pero ainda pode apreciarse a chimenea que tiña no interior, e que posiblemente era donde prendian o lume. Arcaico total pero moi efectivo nesas epocas da alta idade media.