jueves, 20 de diciembre de 2012

MIRADOR DO MONTE BRANCO



Se hai un sitio deses que se pode decir que as vistas son espectaculares, este é o mirador do monte branco nas terras de ponteceso. o monte e unha enorme duna d area que sube dende o estuario do anllóns. a un lado temos cabana, o outro ponteceso e de frente donde o río volvese ría as terras de laxe. vale a penas se vamos hacia corme desviarnos uns metros para subir a este sitio e deixarnos ensimismar polo poder da natureza........e sinón preguntarlle a un  de ponteseso chamado eduardo, si oh o do himno galego!! fogar de breogán!

OS MUIÑOS DE CATOIRA

No pontevedrés concello de catoira nas highlands da parroquia de abalo, atòpase unha mostra etnográfica de primeiro orde. Dous muiños de vento, pero muiños muiños como os de río pero movidos polo vento, un ten o teito restaurado, pero o outro consérvase talmente como era cando ainda moia o millo desta zona do salnés axudado pola forza do bravo vento desta zona alta da arousa, os pes do omnipresente monte xiabre, que tamén ten muiños de vento pero estes non moen.... jajaja


para chegar a este bonito sitio, cunhas maravillosas vistas da ría de arousa, cumpre camiñar uns vinte minutos, hai que deixar o coche nas únicas e últimas casas da aldea, presidida por un vello cruceiro e botarse literalmente o monte. vale a pena, ánimo!!!