sábado, 26 de junio de 2010

os batans do mosquetin




Se queremos observar un dos mellores exemplos de etnografía popular que temos na nosa terra, teremos que achegarnos ata o concello de vimianzo, para así poder visitar os batáns do mosquetín. os batáns eran muiños xigantes, que en vez de moer grano, usabanse para golpear as telas de liño e asì facelas mais finas para poder despois usalas para facer roupa. a maquinaria, que a dìa de hoxe ainda podemos observar, era a mesma ca dos muiños de moer, pero en vez de ter unha pedra, tiñan dous grandes mazos de madeira que eran os que se encargaban de golpear as telas. Chama moito a atención a rusticidade dos mateirais empregados, que eran basicamente catro,pedra para o edificio, tellas para o teito, madeira para a maquinaria e metal para os enganches. batáns do mosquetín un exemplo de industria dos nosos antergos jajajaja

lunes, 21 de junio de 2010

as alfombras de ares




que pasada chegar a ares e ver o chan todo cheo de alfombras feitas con pètalos de frores e outros materais vexetais. ainda que o que mais me chamou a atención e ver no medio de algunha destas grandes serpes multicores vexetais, unha especie de altar cun toque de andar por casa... jajaja a relixiòn católica tenche estas cousas........... outra cousa que me pareceu moi curiosa foi que as alfombras estan rodeadas de cordas de protecciòn desas prásticas para que a xente non as pise, pero os do pobo, sobre todo a xente maior, se ten que cruzar o outro lado da rúa, pasan por enriba delas cunha naturalidade tal que ata che resulta simpático.

ermida de san alberte




a ermida de san alberte atopase nun monte próximo a ribeira, chama moito a atención o gran penedo que ten o seu carón. dende alì arriba temos unhas vistas fantásticas da ría de arousa a un lado, o outro a serra do barbanza e o outro a inmensidade do oceano atlántico, cas dunas de corrubedo dando a impresión de querelo parar. antiguamente as mulleres dos valentes pescadores de ribeira subian a ermida a ver se os seus homes voltaban do mar nas dornas, e si había vento malo para eles, dabanlle a volta as tellas do teito da ermida creendo que asi o vento tamén cambiaría. encantanme estas supersticións tan galegas que se levan a cabo en sitios católicos. aquí o catolicismo sempre foi da man do paganismo, por eso mesmo prendeu tan forte o cristianismo.a día de hoxe se miramos para o teito da ermida, ainda vemos moitas tellas movidas, será o vento ou............ jajaja

miércoles, 9 de junio de 2010

san miguel de breamo


A igrexa de breamo, no concello de pontedeume e unha construcción románica, de estilo sobrio, semella un templo fortaleza, din que está feita polos templarios nestas terras nosas. está construida sobre un antiguo lugar de celebraciòn de ritos celtas. dende o que se pode observar o golfo artabro( donde habitaba a tribu dos artabrorum cando chegaron os romanos). còntanse moitas lendas sobre este lugar, e cando estás nel notas que é un deses sitios cheos de enerxia. a orde do temple solia construir os seus edificios en lugares asi cheos de poder.

miércoles, 2 de junio de 2010

o cruceiro de moldes


Atopámolo na subida dende a pobra do caramiñal a serra do barbanza, chama a atención pola sua grandiosidade. Na hornacina que ten atopase unha imaxe da virxe de belen, a que a xente venera para que teña boas colleitas e tamén para ter fillos. A romaria celebrase no mes de maio, en plena primaveira. Seguramente na epoca precristiana alí celebrariase algun ritual para a fertilidade, tanto da terra coma dos seres humanos, e co paso dos anos, coma en toda galicia, a igrexa católica encargouse de cristianizar o lugar. a saber cantos polvos teranse botado detras do grande piñeiro........... jajaja