jueves, 26 de mayo de 2011

praia fluvial do agro novo







Sin sair do coruñés concello de vedra, podemos achegarnos a praia fluvial do agro novo, no río ulla, que fai as funcións de separación entre a provincia da coruña e a de pontevedra. O lugar e bastante amplio, con moitas zonas de sombra, e a praia e totalmente natural, a auga do rio e o campo, nada mais. Ten tamén unha pequena illa, a que se pode acceder andando, se nos metemos no rio, xa que nesa zona apenas cubre. ten que ser curioso estar tomando o sol tumbado a bartola nun campo de herba totalmente rodeados do río por todolos lados.

os muiños de vilanova en vedra







Se nos achegamos o concello de vedra, vale a pena pegar un salto a parroquia de vilanova, e achegarnos a ruta dos muiños do río merín. O sitio e sombrio e hùmido xa que o río discurre por un cativo canón. hai unha ruta de sendeirismo, ainda que solamente vale a pena facela dende o principio ata un mirador de madeira, é menos dun kilómetro ida e volta, pero vale a pena pois atopamos rincóns acolledores, e todos os muiños atá ahí están restaurados. ata hai un que ten tallada unha cruz na entrada, a modo de bendición, non vaia ser o demo, despois de todo, os muiños da nosa terra eran as discotecas dos nosos antergos. Muiñeiras e os viños da ulla, boa combinación!!!XD

os bosquetes de acacias do pedroso
















Si subimos o monte pedroso de santiago de compostela, pola estrada asfaltada que leva as antenas da televisión,, nalgúns lugares aparecen uns grandes bosquetes de acacias, unha especia da familia dos eucaliptus ou viceversa, vamos unha especia alóctona australiana que parece ser que atopou o seu paraiso privado na nosa terra. os bosquetes que forman son chamativos, totalmente sombreados pois son arbores moi tupidas que non deixan pasar os raios do sol e por eso mesmo, non crecen outras especies debaixo, o que lle da o chan un aire curioso totalmente tapizado de follas caidas destas árbores. parecen fragas de conto, polas que se pode pasear libremente por donde nos pete xa que dentro delas por crecer nin crecen os toxos nins as silveiras.

sábado, 14 de mayo de 2011

a fonte sin cabezas de vidan



xa nos limites da cidade de santiago atópase o barrio de vidan, por donde entra na cidade o camiño portugués. no tramo que discorre polo barrio chama a atención poderosamente unha fonte feita de granito moi ben tallado, vamos que nunca imaxinariaste que unha fonte así fose aparecer nese lugar. ainda que o que chama mais a atención e que ten duas estatuas petreas, e as duas sen cabeza. gustariame saber quen e porque decapitou as duas estatuas....... seguramente ten unha historia curiosa detrás. vidan vidan con cabeza irán e sen ela voltarán!!!

o forno de santa mariña de auguasanta







As aforas da pintoresca aldea de santa mariña de auguasanta, no ourensán concello de allariz atopámonos cun lugar verdadeiramente pintoresco e chamativo. consta de duas partes, unha externa e outra interna(debaixo da terra literalmente). Tratase do coñecido como o forno da santa. Alí din que queimaron a mariña unha habitante da aldea en epoca romana por non querer ter tratos cun oficial romano. Na parte de arriba quedan non os restos, sinon o principio dun edificio a modo de templo que non chegou a rematarse, e abaixo está o forno que ven podería ser de epoca castreña, polo que discorre un cativo regato. Un sitio verdadeiramente pintoresco e porque non decilo, con certo toque de máxico.

Se vades nun dia soleado notaredes a dicotomía ceo cando estamos enriba e inferno cando cun pouco de respeto por non saber donde imos aparecer baixemos por unha das duas entradas que conducen baixo a terra literlamente!!!!

miércoles, 11 de mayo de 2011

a pedra que falaba de vilar do rei




As aforas da remota aldea santiaguesa de vilar do rei, atopàmonos cunha inmensa roca granítica co don da personificaciòn, xa que a xente do lugar otorgàballe o don de falar. - ti deciaslle: hola, e a pedra respondiache o saudo con outro hola!!!!, así mo contou unha veciña dese lugar, ainda que agora a pedra deixou de falar, o que non me extraña vendo o que hai o seu redor.......,por onde pasa unha liña de alta tensión e o monte está totalmente descoidado!!!!!!!! tallados nesta inmensa mole granítica tamén podemos ver uns petroglifos, polo que o seu interés e dobre, por unha parte arqueolóxico e por outro, de lenda de tradición oral, ainda que non e lenda de todo cando a pedra falar falaba...pena que agora non nos responda a pregunta de por qué deixou de falar.

miércoles, 4 de mayo de 2011

Ermida de gundian




A ermida de gundian, atopase no concello de vedra, como curiosidade, decir que é única zona o sur do río ulla que pertenze a provincia da coruña. o sitio e chamativo, pois alí estreitase o rio ulla no coñecido como paso de san xoan da cova, zona lendaria na que se di que se atopa a entrada da cova que comunica ca do pico sacro. a día de hoxe chama a atención o enorme viaducto do ave que como sempre..... afea a paisaxe. Welcome al feismo da nosa terra!!!