domingo, 25 de marzo de 2012

FOTO CURIOSA

Chamoume moito a atención a igrexa parroquial de villestro en santiago, sobor de todo por ter
o seu carón o edificio da antigua escola parroquial e diante, o camposanto. sera por eso que os
galegos dende sempre temos unha relación peculiar ca morte????
imos o recreo dirian os cativos, e o profesor  dirialles, pero sin xogar enriba das tumbas.......jajaja

miércoles, 14 de marzo de 2012

o misterioso cruceiro de vrins

Outra  de cruceiros, recoñezo que me fascinan.  todos teñen unha historia detrás, todos teñen unha función que desempeñar, todos teñen certo simbolismo e relación co mais alá pero estando acó, nesta vella terra galega.
o vello cruceiro de vrins, atópase nun camiño pouco transitado, seguramente fai anos estaríao mais, pero agora como moitas corredoiras e congostras da nosa terra, perdeu a sua función principal de unir aldeas ou de camiño dende estas as terras de cultivo.
a vexetacíón rodeao por completo, e ademais faltalle unha das aspas que forman a cruz, está velliño o pobre........e é unha pena que fique así pois o final.....
outras veces, falando ca  xente da aldea próxima o cruceiro polo que perguntaba, sempre había alguén que se transformaba na voz destas cruces e contàbame a súa historia, pero con este non, ninguèn sabe nada del,  e que como o camiño donde se atopa, (que foi perdendo transito e vida), o mesmo pasoulle a el.
unha señora contoume que era parte dun via crucis a fisterra ou viceversa, e ainda que non sei se será verdade ou non, ten o seu sentido pois por estas terras do concello de santiago, antiguamente pasaría algunha via de peregrinación, temos que pensar que o camiño peregrino a fisterra pasa  relativamente perto desta aldea, e que poderia ser que o crearse novos nucleos de poboacion e por ende novos camiños, este pasase a segundo plano, e asi  con el tamén o cruceiro.


chama a atención por que non ten unha das aspas da cruz
 pero ainda que da pena velo así, ferido, ainda sobrecolle, ali enriba do penedo

domingo, 11 de marzo de 2012

o cruceiro de bargo


Sempre que ando na bici pola zona da peregrina, gústame pasar por este cruceiro, hoxe fun sacarlle unhas fotos e mirar en que ano foi construido, cando estaba limpando a data, apareceu unha señora maior: -Sii!! eu moito non sei, pero puxérono ahí para que cando pasaban cos cadaleitos os defuntos non entraran na aldea pois é unha encrucillada de camiños e ahí aparecia(referíndose a santa compaña). tamén moitas señoras traian os seus filliños para sacarlles o mal do aire, poñianos no cruceiro e facianlle cruces polo corpo, pero hai que pensar que neses tempos pasábase moita famiña.

1892, a data da construccion do cruceiro
a señoriña marchando para a sua casa.
encàntame falar ca xente maior, sempre producese unha dicotomia, por un lado contan estes sucesos como si non cresen neles, pero por outro cando chos están a contar, fanno como se fose cousa de tempos pasados, nada de lendas nin faladurias, cousas que pasaron na realidade pero que eles non viron. cando a escoitaba tiña moitas ganas de pedirlle si a podia grabar ca cámara,  pero deume reparo, e cando a señora se despidiu saqueille a foto sen ela se decatar.

viernes, 9 de marzo de 2012

os petroglifos de correxins

As aforas de Santiago pero no mesmo concello, podemos visitar unha mostra de arte da prehistoria, non todo vai a ser  románico, barroco, gótico e tiro por que me toca........... normalmente cando algún concello non ten a sorte de ter monumentos dignos de mención no seu territorio, potencia o que ten, moitas veces os petroglifos, pero  en santiago, pasan a un segundo plano ante a magnificencia da zona vella. pero ahi están.o conxunto componse dun grande petroglifo en forma de círculo concéntrico e algún mais cativo.
a mellor hora para velos e o final do día cando os raios do sol dan oblicuamente nas rochas de granito.
as fotos stán feitas polo medio día por eso non se aprecian moi ben.
existirá a zona vella dentro de 5000 anos.......

conxunto relixioso de marrubio

ten as medidas precisas para rozar a perfección
No concello de montederramo, terra de bidueiros, e unha das portas de entrada as serras sudorientais ourensás, podemos visitar un deses sitios de postal que non suelen sair nas guias turísticas, e mais neste concello donde turisticamente falando todo xira, como durante centos de anos o redor do renacentista mosteiro de montederramo.o conxunto componse da capela de santo antón e dun cruceiro con cuberta o que se accede por unha portiña de ferro franqueada por dous petos de animas. o sitio esta chulísimo, é e moi agradable a vista, aqui non prima a arquitectura monumental, sinon a do rural galego, cuasi etnografia, pero con moita arte, seguindo os parámetros das construccións clásicas gregas, ca medida perfecta. un sitio de postal deses que atopas por casualidade(encántanme estas sorpresas) e que non te imaxinabas nin que existian.



sobrado de trives

Canzorrillo en forma de culete





No ourensá concello da pobra de trives, atópase a aldeiña de sobrado de trives, casas de boa canteiria de granito, portas e fiestras de madeira de castiñeiro, e balcóns de ferro fundido. as casas lucen engalanadas con frores e algunha parra xa que estamos nas terras altas do bibei zona de bos viños.
presidindo a aldea temos a fermosísima igrexa románica de sobrado, e como en todas estas aldeas perdidas e case sen vida, para visitala por dentro hai que perguntar a algun veciño(se atopamos algun claro, jajaja) que ten a chave para que nos abra as portas do templo.

antes de partir a aventura e conseguir que nos abrisen a porta unha señora bastante amable por certo, dimos unha volta o redor da igrexa e.... chamounos moito a atención un dos canzorriños, en forma de cu, ata tiña o burato.... aqui poderiase usar a frase de que sobrado de trives está no cu do mundo......porque estar si que está, pero vale ben a pena.

o fogar de breogan

o muiño e unha verdadeira obra de arte en miniatura.


tiña gañas de coñecer este sitio, ademais chamase fogar como o do santiso e está na parroquia lalinense de santiso, o que facia que ainda tivese mais gañas de coñecelo.




unha das entradas é un enorme bocoi













así que un día.....deixamonos caer por alí. o fogar de breogan e un sitio curioso si, algo indefinible, quizás quedarialle ben a etiqueta de parque temático de galicia, vamos, unha churrasqueria de toda la life pero tuneada con motivos galegos, como a palloza, o mini muiño de pedra o que nin a auga lle falta para mover a roda, e ata unha piscina.... non quero imaxinarme a xentiña toda borracha, nunha tarde de moito calor bañándose ali...... todo son suposicións claro esta. as camareiras visten cun traxe de bailar a muiñeira, e unha das entradas imita un enorme bocoi de madeira. o sitio mezcla a pedra, a madeira e algunhas cousas novas sen ningún pudor, vamos, un parque temático galego nas vellas terras do deza.

gaxate













Hai sitios sorprendentes polo que de diferentes a norma son, eso mesmo é o que os fai particulares, e dalles certa personalidade de sitio distinto. un deles e a aldea de gaxate, no pontevedrés e montesio concello da lama, à que a maioria lles sonara simplemente e por desgracia, polas noticias: ingresa no carcere da lama..... bla bla bla, pero por sorte, ademais de talego, neste concello atopase gaxate, unha aldea toda ela che de enormes mansións, caseróns que nos retrotraen a principios do seculo vinte, si, aqui non che hai horreos, nin cortellos, era unha aldea de guiris, maiormente de vigo ou fillos da emigración que fuxiron do agobio da cidade(xa naquela epoca), e construiron estas vivendas non lugar alto, con aire puro. outra cousa curiosa e chamativa e a especie de peto de animas que se atopa o carón da ponte, pintando con vivas cores coma os pobos mariñeiros. se ides non facer coma min que pensei que unha casa ca porta aberta e vendoselle o salón tamén decorado rollo antiguo cos mobles de fai 50 anos polo menos, era unha taberna de toda a vida, e resulta que non, que era unha casa particular jajaja.

sábado, 3 de marzo de 2012

o mosteiro de melon




Hai terrazas, kitchs, terrazas horterillas, de andar por casa, de barrio de toda la life neno, de pobo,fisnas, de postureo, de deixarse ver ou ser visto, etc etc etc..........pero para min persoalmente, a terraza mais orixinal na que me tomei algo na miña vida, foi a que se atopa dentro dun dos claustros semi ruinosos do mosteiro de melón,todo un pracer para a vista e os sentidos tomarse algo rodeado de pedras cheas de historia, desta terra histórica de por si que é o sempre sorprendente ribeiro. sempre me chamou a atención o topónimo melón.......jajajaja, e xa postos, tamén na provincia de ourense, o de sandias, con tilde na segunda a, pero si lla sacamos....

a ponte taboada







Nas vellas terras do deza, vertebradas polo rio do mesmo nome, atópase a ponte taboada. unha vella ponte, tan vella que o seu nome deriva de pons tabulata, referíndose a unha antiga ponte de madeira que existia no lugar que hoxe ocupa esta e que nos permite pasar dunha beira a outra do rio deza. a nos e a os pelegríns que van cara a santiago, pois esta ponte e un hito no camiño do sudeste ou via da prata. vale a pena acercarse ata ela polo simple feito de que está no medio da natureza e por sorte ningunha estrada asfaltada chega ata a ponte, vamos que de sempre foi unha ponte para transeuntes e carros do pais, que cantaban por estas vellas terras do deza.!!!