jueves, 30 de junio de 2011

a ponte nafonso







Donde o río tambre perde seu nome masculino e pasa a chamarse ria, atópase a ponte nafonso, que cruza a corrente de auga con seus mais de 270 metros de longo serpenteante, e une as orillas de noia e a serra de outes. O lugar e chamativo, con grandes cañaverais facendo canles na auga, a grande ponte petrea unindo as duas orillas, e como telón de fondo os grandes montes da serra de outes. Conta a lenda que a ponte a ergueu nunha sola noite o demo. ainda que o arquitecto non foi él, senón un tal afonso que despois pasouse a chamar afonso da ponte e de ahi venlle o nome a construcción. O sepulcro do constructor ainda se pode ver a día de hoxe na entrada da noiesa igrexa de santa maria a nova. afonso o da ponte ponte nafonso!!!

viernes, 24 de junio de 2011

o cruceiro do bargo.



A aldea do bargo, e unha típica aldea rodeada de campos de labranza, con un nucleo de vivendas ben restauradas, como a maioría das que pertencen o concello de santiago. esta atópase o carón da peregrina, parroquia a que pertence. As aforas da aldea, atópase o castro do bargo, totalmente comido pola maleza e os eucaliptos, e xusto en fronte, donde remata a aldea, ou empeza, según veñamos ou marchemos dela, enriba dun murete de terra, atópase o cruceiro do bargo, que da a impresión nestes primeiros dias do verán, que está a vixiar ca súa mirada petrea como crecen as prantas do millo. antiguamente, o cruceiro atopábase noutro lugar, pero como casi ninguén pasaba por alí, decidiron cambiarlle o emprazamento. -Antes estaba aló en baixo ,no outro lado da leira de millo, o carón dun carballo, puxerono alí porque nese lugar un raio matou a un paisano, pero o facer a nova estrada para a aldea, os veciños pensaron que quedaria mellor aqui, e cambiarono de sitio.- así mo contou un veciño que estaba a traballar na súa inmensa leira de leitugas. Home falador, tamén me contou que na aldea vivía un veciño que uns dias antes de morrer alguén, el xa o sabía, tiña ese don ou esa maldicion, según coma se mire. antes, cando morria alguen, un veciño da aldea, era o que se encargaba de cambiarlle a roupa o difunto, pois os demais veciños e familiares non querian tocar o morto, non fose ser. Adiviñades quen era o home que na aldea do bargo encargábase desa misión?

jueves, 16 de junio de 2011

o pazo-aldea de fontecova





















As aforas de santiago, falando coloquialmente, na parte de atrás das antenas do monte pedroso, atópase o pazo de fontecova, un sitio peculiar, un pazo aldea rodeado por todolos lados de monte. as únicas terras de labranza que atopamos alí son as que están dentro do gran muro de pedra que fecha a propiedade. O contraste entre as terras traballadas polo ser humano, o pazo, un edificio de boa canteiria de granito cun enorme patio interior empedrado, o pombal, e o monte que o rodea por completo, cas grandes antenas da radio galega, a tvg e a tve e impresionante. Ata na entrada da casa, nun burato que foi a mais debido as chuvias, formouse un cativo lago no que hai patos. parece talmente un decorado dunha película de emir kusturica, cun grande toque que mezcla o onírico e realidade. o lado negativo é que este lugar está semiruinoso ainda que vive xente nel, non sei se serán os caseiros ou os donos, xa que antiguamente esta inmensa propiedade era dun coengo da catedral. se vades alí non vos acerquedes moito a porta de entrada, hai un can con moi malas pulgas,que non para de ladrar coma un condenado, eso que é velliño e da a impresión que lle vai dar un ataque o corazón. outra cousa que chama a atención son as galiñas que andan por alí a sua bola, e o contrario do que acontece en todalas aldeas, están acheganse a ti coma se non visen moitos seres humáns por detrás das antenas do pedroso. coloquialmente falando...jaja