martes, 30 de julio de 2013

as pesqueiras de herbon

No coruñés concello de padrón pero do outro lado, no padrón ullán,( si home si, carcacía ,herbón unos pican y outros non jajaja) non no do sar, atópanse unhas mostras etnográficas de primeiro orde, que algúns remontan a época romana, as pesqueiras; despois de todo esta zona nesa epoca era unha das mais habitadas da gallaecia, iria flavia.
utilizábanse e utilizanse para pescar o ouro comestible do ulla, a lamprea, animal antidiluviano.Xa no século nove hai referencias escritas sobre estas pesqueiras.
o sitio en si está moi ben, dunha parte padrón doutra pontecesures e o ulla silandeiro facendo de fronteira e a vez unión das xentes das duas ribeiras.




domingo, 21 de julio de 2013

praia da barda

Sempre me gustaron as praias solitarias ou casi, nun entorno agreste ou casi, en contraposición cas outras mais cheas de xente e en entornos urbanizadísimos(que raro son....jajaja) é ironia.
Unha destas praias e a da barda no coruñés concello de ponteceso. teno todo, diíícil acceso, pouca xente, gamelas na auga, casetas de pedra de pescadores cuasi tuneadas no entorno, augas transparentes, que por efecto das duas ladeiras que rodean a praia cheas de verde toxo danlle un contraste verdoso o auga, mais parecida a do río, unha enorme gruta e ata  unhas vistas dos muiños eólicos do roncudo que queiras ou non resulta curioso estar na praia bañándote e mirando para eles!!!





jueves, 11 de julio de 2013

o anxo do culete da rua do vilar

Moito me gustan estes pequenos  e a vez grandes detalles que temos na zona vella,
o santiago máxico chamoo eu,
un deles e este anxo que se atopa nun capitel da rua do vilar
e como funciona? cales son as instruccións? jajaja
pois collede a alguén que non sexa autóctono de santiago ou sendoo que todo e posible, que non sepa da existencia desde anxo co cú o aire, levadeo de paseo pola rua do vilar a a altura do capitel(que como e dunha arcada queda a pouca altura) pedídelle que peche os ollos, que vos de  a man,

que estire un dedo e........insertadeo literalmente no culete do anxo!



a capela de san vitorio de cambas

Na zona donde o coruñés concello de aranga forma parte da dorsal galaica e se xunta co lucense  de guitiriz, atópase a singular capela do san vitorio, unha petrea e tosca construcción de granito, con teito de pizarra.
chama a atención a súa ubicación  nunha enorme chaira de amplas perspectivas e salpicada de muiños de vento.
a particularidade desta capela e que erache moi avogosa para sandar os animais,
tiñas que ir a capela e botar os cartiños para dentro, por una estreita fiestra, a única que ten o templo
seike canto mais monei lle botabas, mais posibilidades de sandar tiña a vaquiña, despois dar unhas voltas con animal e xa....

que pillabans eran estes do clero!!!
jajaja
outra das cousas chamativas desta capela e, que nun enorme penedo que ten a uns metros, moi gastado pola erosión( estas son terras altas e rudas de montaña donde pola falta de árbores o vento pasa factura) atòpase a pegada de roldan, si o da chanson, o colega do carlomagno! jajaja
debía de ser un xigante pois a pegada ten un metro de longo
pero o curioso é como chegou ata estas terras a lenda esa que di que por ahí pasou roland, de camiño seguramente para santiago.
sempre me chamou moito a atención que cando vas por estas aldeas e falas ca xente, contanche que foron duas ou tres veces na sua vida a ciudad unha o medico outra as festas e outra de paseo, ahi ves que o seu mundo e a sua aldea, pero a vez ata ela, e  a saber como. chegou algo da mitoloxia historica europea medieval.