lunes, 27 de septiembre de 2010

o sanatorio de cesuras




A principios do seculo vinte, contruiuse un sanatorio para tuberculosos no concello de cesuras, un concello montesío, donde según as crónicas de principio do seculo vinte, respirabase bo aire puro(xa neses tempos a contaminación daba a tabarra), e ademais está perto da cidade da coruña. o edifico e un bo exemplo de arte modernista construido en cemento todo un gran descubrimento naquela época.(din que o primer sitio donde se usou foi no parque do pasatempo) O final o sanatorio non chegou nunca a funcionar como tal e a día de hoxe solamente quedan as ruinas impoñentes rodeadas de grandes eucaliptos e piñeiros. e un deses sitios que meten respeto o entrar nel, e nos que perfectamente poderianse sacar historias de pantasmas e espiritus.......rollo cuarto milenio!!!!!!!!

o horreo de gado




Todo o mundo coñece a existencia do horreo de carnota, ou do de lira, ainda que o mais grande e o de araño en rianxo, e pouco mais, da a impresión que os demais horreos desta nosa terra do alén son todos cativos, pero por sorte sempre donde menos o esperas atopaste outro horreo XXL coma este de gado, un lugar as aforas de sobrado dos monxes, que e ben cuco. outra cousa curiosa e que o seu carón atopamos a carballeira de gado, unha enorme carballeira na que se rodaron moitas das escenas do bosque animado. Onde andará o fendetestas, jodendolle as espigas de millo o dono do horreo jajaja

domingo, 26 de septiembre de 2010

ardemil ardemil




Sempre me gustaron as estradas secundarias pq son todo un descubrimento de cousas interesantes. proba delo e a parroquia ordense de ardemil, a menos que teñas que ir a ela a drede, nunca pasarias por alí, pois se un día pasas quedarás cando menos sorprendido o atoparte


unhas estatuas mezcla de arte moderno e etonografía popular como son estas que mostro aquí, hiperrealismo rústico en estado puro!!!!!!!

a pena da moura


Nos montes do bocelo, no concello de sobrado dos monxes, atopamos a pena da moura, uns grandes penedos graníticos envoltos no misterio dende tempos inmemoriais. Nesa zona atopanse castros e algun dolmen como o do forno dos mouros. Pero o mais curioso e chamativo cando te achegas a eles e que!!!!!!!!!.................. talmente teñen a forma dunhas cachas e dun falo petreos pero en vez de o falo apuntar as cachas, parece que escapa delas jajaja

domingo, 19 de septiembre de 2010

o cruceiro de cuntis




Paseando polas aforas de cuntis, nun cruce de camiños atopase unha cruz sencilla pero con certo encanto, preto de ali hai una fonte e ali atopamos un paisano collendo auga, pregunteille se tiña algunha historia a cruz esa e todo cheo de razon dime: si tena claro, puxerona ahi porque de noite, do monte ese(sinalando un monte de ali o carón) baixaban os mortos, os mortos claro, dixenlle como se estivesemos falando de vacas ou de coches, e el continuo decindome: si, os mortos que ian para o cementerio e sinalou para outro lado hacia o cementerio de cuntis. Enantame estas charlas medio surrealistas pero a vez lóxicas de todo pola maneira de contalas da xente e porque creen nelas. o pobo galego sempre tivo unha relacion muy peculiar e próxima ca morte.

a torre de celas de peiro


A torre de celas de peiro atopase na parroquia do mesmo nome do concello de culleredo. chama a atención porque se atopa nunha zona cha, cando normalmente as torres construianse en sitios altos e de dificil acceso para asi a vez, facer de balcón privilexiado para ver todo o que pasaba e o mesmo tempo para que fose dificil tomala o asalto. Esta está en sitio cha porque se cree que facia de porta de acceso a cidade de coruña, donde a xente se queria entrar a cidade tiña que pagar, mira ti..........unha antigua peaxe medieval!!!!!!!!

a virxe de fatima santiaguesa


O rural de santiago non deixa de sorprenderme sempre que ando por el ca bici. Un sitio que me chama moito a atención e o santuario da virxe de fatima, unha pequena ornacina metida no muro de peche dunha casa de campo propiedade dun señor portugues, que un mal día tivo un accidente, e pediulle a sua virxe que o sanase, e como parece que así fói, construiulle ese santuario no muro de cerre da sua casa, para que a xente peregrine a el. A verdade é que chama atención atoparte eso alí e mais se vas por unha corredoira rodeada de carballos e de súpeto atopaste cun cartel indicando: santuario de virxe de fatima!!!!!!...... o sitio en si e un pouco de

andar por casa cunhas sillas de prastico recicladas pero......... consegue chamar a atención

martes, 7 de septiembre de 2010

O can do demo




No concello de lousame, na comarca da barbanza atopamos unha das tantas manifestacións de grandes pedras con formas zoomorfas, as que a xente antiguamente, daballes algunha clase de poder de sanación. Está coñecese co nome de can do demo. creíase que antiguamente se che mordía un can, para non coller algunha enfermidade como a rabia ou a sarna, tiñas que ir a pedra do can do demo e pasar po baixo dela. E unha pena que agora casi ninguen sabe xa non do uso que lle daban antes, sinón da sua existencia. cando nos tiramos a andar polo monte o outro día haber se a atopábamos, falamos cunha xente que estaba alí e preguntamoslle se podía ser o can do demo unha pedra que vimos con forma de cabeza de can, e que se usaba antiguamente cando che mordia algun e vai señora e di: e logo, mordecuche un can?..........encántame o punto de inocencia que siguen tendo as xentes do rural!!!!!!!