domingo, 26 de mayo de 2013

do cruceiro de bargo a tras das penas


<> </>

cruceiro do bargo na encrucillada de camiños
Unha tarde soleada deste pasado e a vez tan recente inverno  fixen unha saida ca bici pola zona da peregrina, sempre que vou párome a falar con alguén, e sempre remato sabendo cousas novas sobre as lendas e non tanto desta antigua zona do rural santiagués. cando estaba a limpar a data de construcción do cruceiro do bargo,  apareceu unha señora maior: -siii, eu non sei moito(contestume a miña pregunta de si sabia porque estaba ahí o cruceiro), pero puxérono aquí para que cando baixaban cos cadaleitos non se metesen os defuntos na aldea, pois e unha encrucillada  de camiños,e aqui é donde aparecía-(referindose a santa compaña)..... contábame a señoriña emocionada. -e tamén  as señoras traian os filliños e poñianos no cruceiro e facianlle cruces polo corpo, para sacar o mal do aire...claro que ca fame que se pasaba neses aniños como non
 ian estar mal os nenos....quedou un anaco pensativa, como facendo un exercicio de memoria, e despois contoume que habia un veciño desa zona de aradas, que estivo todo un mes indo o montede tras das penas, pois dixeranlle que habia unha galiña que puña ovos de ouro e despois enterrabaos no chan........ -ovos que se sepa non atopu ningún pois morreu pobre o pobreciño, eso si deixou todo o monte cheo de buratos!!!

sábado, 25 de mayo de 2013

quero un polo de fresa

Sempre me gustou moito a eira do estanco tenda bar da escravitude, no coruñés concello de padrón. onte facendo un tramo do camiño portugués o reves, dende santiago ata caldas de reis na bici( é o que temos os autóctonos de santiago, que temos que facelo o reves... jajaja), parei alí a tomarlle algo, o sitio ten ese poder catalizador que te retrotrae a outras epocas, co chan empedrado a modo de eira  e as galiñas por alí a sua bola, sonche raras eh! unha delas estaba a mirar que polo ia mercar!!
 un frigo pie!

a capela de san amaro de forcarei

Parafraseando a anterior entrada: no pontevedrés concello de forcarei na comarca de terra de montes, na parroquia de meabia, atópase a capela de san amaro, ademais de chamar a atención por estar en ruinas, chamaa mais por atoparnos en galicia unha igrexa así, ainss!!! que pasará con esa capela cando nin o concello nin os veciños queren saber nada dela.....é unha pena, un contenedor sin contido o carón do antigo camiño dos vreeiros que atravesaba estas terras de forcarei dende ourense a santiago para entre outras cousas traer o rico viño do ribeiro a compostela. algo curioso é que a cada lado do altar maior hai duas escaleiras de caracol, cousa curiosa que non se suele atopar nos templos galegos salvo en contadas excepcións como poden ser a catedral de santiago e sin non lembro mal, tamén na capela dos milagros de amíl, no pontevedrés concello de moraña, polo que tamén pasa o rio umia como pasa por aquí por esta capela en ruinas de san amaro!


nomenclatura do faramello

Encántame con que estilazo e redundancia sinalizaban antes os lugares!!!!


miércoles, 15 de mayo de 2013

O EMBALSE DO CON



Se algunha vez os deixades caer polas terras do salnés, que reciben este nome porque antiguamente había moitas salinas nesa zona, pegade un salto, ou dadevos un pirulo como dicen los malotes adolescentes, ata o embalse do con, mais coñecido por embalse de vilagudín, no concello de vilagarcia de arousa. o embalse esta no sitio perfecto, rodeado das montañas que forman a serra do xiabre, ,alí no fondo do val, cuasi emboscado, esperando por unha visita que a verdade, ben se merece pois non todo vai ser albariños, non? jajaja