viernes, 29 de julio de 2011







que chulo é, xa o mencionei noutra entrada do blog que falaba del, e un horreo pijo!!!! mais monumental que etnográfico, ainda que non sexa o mais longo desta terra, pois perto del, no mismo concello atópase o de lira que e un pouco mais longo, a min gustame este, cas suas pedras ben talladas, co pombal o seu carón, si que vivía ven o cura de carnota, voas colleitas de millo e pombas no pombal, que nesa época eran auténticas delicatessen. ahí segues como vagón petreo destas terras, horreo pijo de carnota. como curiosiade decir que a palabra carnota deriva de carn un vocablo celta que significa pedra, é se houbese que definir en duas palabras a este concello, serian pedra e mar.

o monte louro







O monte louro, no concello coruñés de muros, é un facho, así chamabánlle antiguamente os montes o carón do mar, pois neles prendianse antorchas a modo de primitivos faros para guiar os barcos a bo porto, nunca mellor dito. Este é un monte mítico, é porta e vixia da entrada da ría de muros e noia. din que é un monte que fala, xa que avisa cando vai cambiar o tempo polas nubes que se quedan xunto del. se vades pola estrada que de muros sae hacia carnota, tedes que desviarvos hacia ancoradoiro, e alí os pes do louro atópase a lagoa de xalfas, un refuxio para centos de aves, tamén vemos unha gran duna, que separa a lagoa do mar, como semellando non deixar que as augas da lagoa toquen as do mar ou viceversa, e o fondo, vixiando esta preciosa paisaxe bastante salvaxe por sorte, para estes tempos de "urbanización pegada al mar", o monte facho louro, semellando unha illa que quere pero non pode logralo.

a fervenza do ezaro







No cativo pedazo de terra que o concello coruñés de dumbría acaricia o mar, atópase a fantasmagórica fervenza do ezaro, a única fervenza que desemboca literalmente no mar. a paisaxe e desanxelada, polo pobre da vexetación xa que mires a onde mires ves enormes rochas, ca mole granítica da serra do pindo sendo a protagonista desta paisaxe,pero ten unha beleza que sobrecolle os sentidos. o río xallas que é o que forma esta fervenza, o atoparse cas duras rochas graníticas, non consigue erosionalas, e por eso ten que pegar un chimpo para chegar o oceano atlántico e así, como quen non quere a cousa, crea esta fermosa fervenza. o curioso e mosqueante é que si agora nos chama a atención, imaxinémonos como sería fai uns anos, antes de que os embalses que pobran o xallas impediran que o rìo chegase con todo o seu caudal a este pedaciño de costa no que dumbria asómase o bravo atlántico.

jueves, 28 de julio de 2011

pena corneira













A pena corneira e un inmenso espazo declarado como monumento natural que comparten os concellos ourensáns de leiro, carballeda de avia e avión. Está composto de grandes rochas graníticas e carballos. se queremos ver como era a nosa terra antiguamente este é o lugar axeitado. Grandes rochas graníticas cubertas de musgo, e rodeadas de carballos. a sensación que temos o estar alí e extraña, pois as rochas parece que teñen vida propia como as àrbores e os fentos que comparten con elas este fabuloso espazo. Parece tálmente que estamos dentro dun capítulo da novela do bosque animado. O lugar recibe o nome da pena corneira por unha inmensa pedra con forma de corno, ou de menhir, ou de falo pétreo que sobresae na zona mais alta desta serra. no 1929, un investigador alemán atopou nesta zona unha misteriosa pedra cunha inscripción na que se decía como elaborar o augardente. Realidade ou lenda? a saber......

taberna o papuxa



Se vos deixades caer pola medieval vila de ribadavia, non vos perdades de entrar no papuxa, unha taberna das de toda a vida, para tomarlle unhas cuncas do bo viño do ribeiro, o de verdade,(non a auga con polvos que che dan por ahí.....) o de toda a vida que se cultiva nestas terras do ribeiro do avia. Cando vaiades non esperedes que vos sirvan, unha das peculiaridades desta taberna é que para beber solamentes che dan as cuncas, o viño tes que ir a collelo ti a bodega, abrir o pipo do barril e servirte, sen que ninguén che esté controlando o que botas, asi que aquí entra a boa fé da persona para despois decir as cuncas que consumiu. o entrar no papuxa chama a atención a taberna vella, de andar por casa,un lugar que che deixa sorprendido, pero cando imaxinas que nada mais poderá soprenderte........ volve a sopresa cando entras a bodega a coller o viño e a sopresa ainda e maior. Se vades con bo tempo, ainda ten outra parte mais, un patio interior cuberto por un grande emparrado, donde xa semellas estar no paraiso de baco por efecto do lugar ou quizas polo bo viño desta fascinante terra. non esperedes atopar nada de diseño alí todo e vello, de andar por casa, pero cun equilibrio perfecto para darlle un gran encanto doutro tempo a esta fascinante recuncho. Un aviso, pechade ben o pipo que senón o viño dos bocois segue a caer no chan, como querendo regar as lousas de pedra. non subo moitas fotos pois de noite, nun sitio no que as bombillas siguen sendo das de toda la life,e o efecto do viño............pero a este sitio pasalle como o fogar do santiso, ningunha foto da plasmado o encanto do lugar.

domingo, 24 de julio de 2011

a fraga de catasos





















No concello pontevedrés de lalin, as aforas do casco úrbano, pola estrada de ourense, atópase a fermosa fraga de catasós, declarada monumento natural pola sua grandiosidade. está composta de carballos e castiñeiros, estes son os mais altos de galicia, chegando alguns a sobrepasar os 30 metros de altura. impresiona ver os seus troncos varudos erguerse dende o chan como querendo alcanzar o ceo, en contraposiciòn a maioria de castiñeiros que vemos na nosa terra, que de sufrir tantos desmoches(corte das ramas mais grandes) en vez de crecer o alto, crecian o ancho. poderíase decir que os nosos castiñeiros sufriron unha castracción en toda regra....jajaja









martes, 12 de julio de 2011

a serra do forgoselo













Sinto especial predilección polas serras desta terra nas que a dia de hoxe, podense ver grandes manadas de cabalos e vacas salvaxes vivindo en plena liberdade. Son todas moi similares, e a vez únicas. Paisaxes minimalistas compostos do ceo, os verdes prados, algúnha que outra árbore e os cabalos e as vacas, e bueno dende fai pouco, tamén os grandes muiños eólicos, e de banda sonora o silencio, un silencio pesado con voz propia,a voz dos teus pensamentos que se disparan en lugares coma estes. a última serra que visitei foi a do forgoselo, no concello coruñés da capela. chama moito a atención cando, xustamente despois de pasar o paso antigando na estrada, a paisaxe pasa de ser domesticada polo ser humano, a converterse en capricho dos habitantes da serra, cabalos garañóns e vacas mostrencas, que van comendo os toxos e deixando bonitos campos de herba. a sua maneira, poderiase decir que son uns grandes compoñedores de fermosas paisaxes, ca grande vantaxe de non crear feismo ningún, o contrario do ser humano.....

o monte da peneda





















Señoreando o comenzo da ria de vigo, atópase o máxico monte da peneda, habitado dende a prehistoria, un cúmulo de habitación superposta que empezou sendo castro, pasou a ser fortaleza dende a que o arzebispo de santiago queria vixiar o seu grande enemigo pedro madruga(dende este monte podese ver aló en baixo, agazapado entre a frondosidade o castelo raposeiro de soutomaior), e despois pasou a ser capela, chegando así ata nosos dias. O que sempre foi e sera, e un balcon privilexiado destas terras da ría de vigo. Monte lendario, na cima atopamos unha inmensa sobreira, a arbore a que se lle saca a sua cortiza para facer os corchos das botellas de viño. E viño, froitas e cativos animais como coellos galiñas eran os que subian os veciños do viso, a aldea que queda abaixo deste monte, a modo de ofrendas para te boas colleitas. subir a este lugar entre lusco e fusco, ademais de ser unha experiencia cautivadora, e toda unha experiencia para os sentidos.