miércoles, 19 de mayo de 2010

a ponte do pasatempo


Nesta ponte do barrio dos muiños de Mondoñedo, uns curas entretiveron a muller do mariscal pardo de Cela, dona xoana de Castro, cando viña de xunto a sua curmán a raiña isabel a católica co indulto do seu marido, de ahí que lle chamen a ponte así. contan as lendas que cando lle cortaron a cabeza o mariscal, rodou polo chan da praza maior repetindo tres veces: credo, credo, credo. a muller do mariscal era unha das fillas do vello conde de lemos. Despois das guerras irmandiñas pardo de Cela recomendoulle o seu sogro que haberìa que colgar a todolos campesiños dos carballos en plan escarmento, e este ca retranca que nos caracteriza os galegos respondeulle: e despois quen traballa a terra?

anton de espasante




Anton é como lle chaman o porquiño que soltan na vila de espasante, que pertence o concello de ortigueira. Soltano polo pobo e os veciños danlle de comer, despois cando chega o san martiño, rifano e............ ainda que algunha que outra vez indultàrono. Cando chegamos o outro día, vimos a estatua do antón ca sua campá colgada, pero, nin rastro do de verdade. Indo polo paseo que vai para o porto atopámonos cuns cativos do pobo e preguntamoslle literalmente: Donde anda o porco? e o mais maior mirou para nos pondo unha cara que mostraba sorpresa e incompresión a


vez, e sinalando a un dos seus amigos dixo: o porco e este!!!! e miraron todos para si, sin entender coma xente de fora do pobo sabía que un dos seus amigos era un porco..........


domingo, 2 de mayo de 2010

o cruceiro da rua de francos


O cruceiro da rùa de francos, un lugar do concello de teo polo que transcurre o camiño portuguès a santiago, chama a atenciòn pola sua antiguedade. no varal, que è o pao que sontén a cruz, atopamos tallados uns nenos. Esto venmos a decir que alí habia enterrados nenos mortos antes de ser bautizados, e como eran animas en pena puxeronlle enriba o cruceiro para que non saisen a vagar ca santa compaña.

a virxe da pastoriza




No concello de arteixo, atopamonos ca virxe da pastoriza. é unha grande virxe tallada en granito posta enriba dunhas pedras de granito. e coma un santuario o aire libre, no que antiguamente levarianse a cabo ritos precristiáns, é que a igrexa católica cristianizou poñendolle enriba a virxe esa. chama a atencion como sen darse conta foron tuneando o neno xesus poñendolle rosarios enriba, debe ter uns 50 polo menos!!!!!!!!!