lunes, 22 de agosto de 2011

a fabrica da luz de noia





















Nun remoto lugar do próximo e accesible concello coruñés de noia, donde o río tambre xa casi se converte na ria de muros e noia, atopase o impresionante edifìcio da fábrica da luz, que como o seu nome indica, tiña e segue a ter esa función. o edifiício è de estilo modernista neo románico, de principios do século vinte, obra do arquitecto porriñés antonio palacios. o sitio é moi idílico e diferente,( pois ademais da central eléctrica ten un hotel con encanto, e unha area de lecer), abaixo de todo dun enorme cañón que non chegamos a ver, pois as suas ladeiras estan totalmente cubertas de eucaliptus; semella por veces o canón do miño, o lugar non chega a ser bonito, quedase nese intento, pois despois de todo trátase de unha central hidroeléctrica, pero ten certo encanto cautivador, polo diferente e único do lugar. rio arriba hai unha ponte colgante de ferro, e unha ruta de sendeirismo que sube paralela o río, cun tramo literalmente rochoso, polo que puxeron unhas pasarelas de madeira, ata andentrarse na tan descoñecida devesa de nimo, outro enclave máxico destas terras de noia. para chegar ata aquí hai duas opcións, unha e dende un cruce que parte da estrada de santiago a noia, e que transcurre por paisaxes totalmente desanxeladas, con vistas maravillosas da rìa de muros e os monte da serra de outes, e que despois de interminabeis curvas que meten un pouco de respeto deíxanos o caron da entrada, e a outra é dende ponte nafonso, non é tan bonita pero si mais cómoda e menos angustiosa, ainda que tamén lle chega de carallo... o dito, nun remoto lugar do próximo e accesible concello de noia.

as letrinas do pazo de guimarei

























As aforas do concello pontevedrés da estrada, nunha chaira bastante a monte, en contraposición cas traballadas terras ca rodean, atopamámonos cas impoñentes ruinas da torre e pazo de guimarei. un solido edificio construido con boa canteiría de granito. o edificio consta de unha ala corrida totalmente lisa, e o seu carón enriba duns penedos, a torre. vese que primeiro construiuse a torre de defensa para señorear estas terras de tabeirós e nunha epoca posterior, cando xa a torre non cumpria o seu cometido defensivo, construiron o pazo, que se pode visitar por dentro, e ainda que esta nun estado deporable, ainda conserva moito de seu encanto. se vos deixades caer pola cociña, cunha enorme lareira, seguramente o que mais vos chamarà a atención, e que na mesma cociña tiñan duas letrinas!!!.........imaxinade por un momento, co noso pensamento moderno, ter un wc dentro da cociña da nosa casa, entre a lavadora e a neveira..........jajaja. a última foto son as letrinas da cociña.

viernes, 5 de agosto de 2011

detalles curiosos

























E agora, dous detalles curiosos e simpáticos dos tantos que nos atopámos cando nos perdemos por calquer lugar desta terra do alén. un deles foi no concello pontevedrés de moaña, pero na zona da serra de domaio. alí nunha estrada que vai subindo dende a costa ata a montaña, hai un enorme poste de madeira dos de suxeitar os cables da eletricìdade de toda la life neno, como dicen en la coru, bastante rústico por certo pois ainda se lle ven os pequenos saintes das ramas, e clavado nel un cartel de color vermello, no que pon: peligro, no subir. O ver esto, o primeiro que se che ven a cabeza, ou a mín polo menos é o seguinte, mimaaaaa é un poste do cableado eléctrico, si lle puxeron este cartel de aviso, e porque a xente daríaselle por trepar polo poste arriba jajaja........... sin comentarios. e o outro foi no coruñés concello de coristanco, no bar que hai na estrada que baixa para o refuxio de verdes, estábamos tomandolle algo alí na terraza antes de baixar a visitar o lugar e de repente, foise a vista para un enorme carballo, e no seu tronco a modo de serpe negra, habia unha tuberia de prastico rematada nunha villa, que literalmente estaba incrustada na cortiza da árbore, claro o pensamento lóxico en outro sitio de españa seria: que carallo fai ali unha villa, pero como estamos en galicia, o pensamento é, funcionara? e como a curiosidade e moita, alá fomos a perguntarlle a unha señora que estaba a facer lume para asar unhas sardiñas a principios de xuño como querendo anticiparse o san xoan, e siiii, a villa funcionaba, pero como o galego non se fia do que lle dín, foi comprobar se era certo, mentras a señora das sardiñas e mais a sua filla a dona do bar rianse orgullosas por ter un carballo con villa..... e si, abrinno e funcionaba!!!!! botaba auga, pena que non botase viño para acompañar esas sardiñas jajaja

as pozas de melon





















No montesío concello de melón, xa donde a provincia de ourense linda ca de pontevedra, nestas terras de montaña da dorsal galaica, podemos visitar as fermosas pozas de melón, unhas inmensas piscinas rústicas, feitas polo río cerves que no seu veloz baixar dende os últimos derrames montañosos das serras do suido e o faro de avión, hacia a comarca do ribeiro, buscando o rio miño, foi formando e segue a formar, estas pozas naturais, que están moi guapass. bañarse nelas nun dia soleado, despois de ir subindo paseniñamente paralelos o río, é toda unha grande recompensa para os sentidos. cada poza, e hai bastantesss, e diferente, unhas mais grandes, outras mais cativas, unhas mais abertas, sen apenas vexetacion arborea o seu carón, e outras mais fechadas e sombrias. hai que ir subindo apuradamente, e fixandose que pozas quedan libres, pois nestas terras do interior ourensán, donde o mar píllanos un pouco a desmán...... tanche moi solicitados estes jacuzzis naturais jajaja.