domingo, 21 de septiembre de 2014

a capela da magdalena

Creo que un dos sitios mais descoñecidos e como tal mais grato o descubrilo e o conxunto formando pola capela da magdalena, o estanque rústico que ten o seu carón separados por unha bonita carballeira o pe da cal brota a auga milagreira dunha fonte que diriase que nace debaixo da capela.
outro sitio mais de adoración precristian as deidades das augas nesta vella terra galaica reconvertido hoxe nun lugar de lecer bastante pintoresco a par que descoñecido sobor de todo se pensamos que se atopa a escasos 12 kilómetros de Santiago no concello do pino........ pero non no quinto pino!!


jueves, 4 de septiembre de 2014

las jubias

Las jubias neno jajaja
Sempre fun da opinión de que os sitios con mais encanto non se atopan perdidos no medio da natureza no rural mais profundo e montesio ou nas costas menos antropizadas desta vella terra galaica, o contrario, eses sitios atópanse nas aforas das cidades, como illas pintorescas cuasi engulidas pola urbe e quizas como mostra de ser sitios diferentes conservanse así pois e o único que lles queda a diferenciación ante  a homogenización que da a cidade.
un destes sitios e o barrio mariñeiro das jubias  na cidade da coruña, ali aínda podemos atopar as tipicas casas costeiras das mariñas cos seus balcóns de madeira pintados de cores alegres como as gamelas que aínda quedan tapizando esta parte da cativa ria da coruña.