Se hai unha aldea que destaque por riba das demais no concello de santiago, está è a de Fecha, na parroquia de San Xoan.
È tan recóndita que ten duas igrexas parroquiais, unha, a primigenia está en Fecha e a outra co seu camposanto na aldea de lamascal xa mais perto de todo, jajaja
Fecha e unha aldea termini,( ali remata a estrada)pendurada nunha ladeira do río Tambre, cunha arquitectura moi peculiar, as casas creceron o ancho en vez do alto para protexerse dos bravos ventos do Norte que ata aquí entran sen freno choutando por riba do canón granítico do río, con paredes de cuasi 500 metros! Sii en Compostela tamen temos canóns non tan coñecidos e espectaculares como os do Miño ou Sil pero con mesmo poder de sorpresa e ledicia visual.
Outra cousa que destaca nesta remota aldea e a tremenda casa rectoral cuasi pequeno pazo clerical de estilo renacentista(poucos edificios quedan en santiago así) pero totalmente en ruinas; unha pena!
Atrevome a decir que pouca xente de santiago coñece está aldea tan remota e apartada como fermosa e chamativa.
Unha mezcolanza de aldea de bocarribeira e montaña pendurada no balcón do Tambre!