jueves, 26 de febrero de 2015

ponte taboada

Nas vellas terras do deza facendo fronteira e a vez unindo lalin con silleda, atópase a ponte taboada no río que da nome a estas terras. Antiguamente era unha zona moi transitada para pasar o rio se viñas de santiago hacia aqui ou viceversa pero co paso dos anos quedou esquencida o que o meu ver veulle maravillosamente pois asi conserva todo o seu encanto....para chegardes a ela hay que camiñar por vellos camiños e congostras empedradas entre carballos e outras arbores de ribeira.. sitio sorprendente, vale moito a pena coñecelo. Que o final disfrutanno mais os pelegrins ca os autóctonos da nosa terriña...pois por aqui pasa o camiño a santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario