viernes, 19 de febrero de 2010

embalse de portodemouros


encantame o embalse de portodemouros porque nel sucede unhas das tantas curiosidades que temos nesta nosa terra. podemos pasar do concello de vila de cruces na provincia de pontevedra, o concello de santiso na da coruña nun transbordador, e viceversa, o mellor, que como é un servicio público non nos custa nada. asi que, acercaste alí, e si o azulon primeiro(asi e como se chama o barco) está na outra orilla, premes nun timbre como si chamases o da tua casa e o momento o barco encende os motores e ven hacia ti. totalmente surrealista, ver un barco nun embalse, e mais ainda en terras do interior. sempre que vexo estas cousas asi curiosas, vénseme o mesmo pensamento a cachola, canta xentiña viria aquí solamente para poder meter seu coche dentro do azulon primeiro e pasar a outra orilla do embalse, e así potenciar o turismo nestas zonas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario