miércoles, 3 de marzo de 2010

a vaca espia



nunca vos ten pasado que vades por algun sitio solitario, e de repente notades que alguen os anda a observar, e mirades para o sitio de donde procede a observacion e flipades o ver que si hai alguén ali mirando para vos? a min pasoume onte pola tarde, nun paraxe solitario, cando ia na bici, notei que alguen miraba para min, pero no meu campo de vision non vin a ninguen asi que decidin mirar mais para arriba para a ladeira da montaña, e alí estaba unha vaca mostrenca, ollando para min como dicindo: de quen ves sendo ti? cheiras a cidade!!!!, e eu flipando, mirando para ela. seguin pedaleando pero non me quitaba a vaca da cabeza, asi que unha hora despois decidín volver a pasar por ali ainda que tiña que dar mais volta ca bici e!!!!!!, alí estaba sentada o carón da estrada esperando por mín. sempre que vexo unha vaca pastando no campo preguntome si serán felices.

1 comentario:

  1. moi tipico teu jejejeje.. as vacas son mais felices ca nos porque non necesitan creer en deuses nin nos diaños.. cando te cruzas cun bicho que se queda a ollarte, sexa paxaro ou sexa cuadrupedo, e cruzades a mirada debes saber leer o sinal.. eles falan xustamnete do que queres escoitar ;)
    un bico arxina

    ResponderEliminar