jueves, 11 de julio de 2013

a capela de san vitorio de cambas

Na zona donde o coruñés concello de aranga forma parte da dorsal galaica e se xunta co lucense  de guitiriz, atópase a singular capela do san vitorio, unha petrea e tosca construcción de granito, con teito de pizarra.
chama a atención a súa ubicación  nunha enorme chaira de amplas perspectivas e salpicada de muiños de vento.
a particularidade desta capela e que erache moi avogosa para sandar os animais,
tiñas que ir a capela e botar os cartiños para dentro, por una estreita fiestra, a única que ten o templo
seike canto mais monei lle botabas, mais posibilidades de sandar tiña a vaquiña, despois dar unhas voltas con animal e xa....

que pillabans eran estes do clero!!!
jajaja
outra das cousas chamativas desta capela e, que nun enorme penedo que ten a uns metros, moi gastado pola erosión( estas son terras altas e rudas de montaña donde pola falta de árbores o vento pasa factura) atòpase a pegada de roldan, si o da chanson, o colega do carlomagno! jajaja
debía de ser un xigante pois a pegada ten un metro de longo
pero o curioso é como chegou ata estas terras a lenda esa que di que por ahí pasou roland, de camiño seguramente para santiago.
sempre me chamou moito a atención que cando vas por estas aldeas e falas ca xente, contanche que foron duas ou tres veces na sua vida a ciudad unha o medico outra as festas e outra de paseo, ahi ves que o seu mundo e a sua aldea, pero a vez ata ela, e  a saber como. chegou algo da mitoloxia historica europea medieval.



No hay comentarios:

Publicar un comentario