martes, 29 de diciembre de 2009
ferroleando
encantame esta foto porque ben a ser unha metafora da cidade de ferrol. pobre cidade departamental, está de capa caida, perdendo poboación. Menos mal que todo queda en casa e o mesmo paso que ferrol perde naron vai gañando e xa casi ten tantos habitantes coma vilagarcia que para min non deixa de ser a octava cidade de galicia. Gustame ferrol pq é diferente, xa cando entras nela e te atopas co populoso barrio de caranza, que mais parece un barrio dunha grande cidade coma madrid ou barcelona que dunha galega de 75000 habitantes. Despois o barrio da magdalena, ata que se creou no seculo dazaoito dame a min que non existian ruas tan rectas nesta terra nosa. pero o que mais me gusta de ferrol e o parque reina sofia que está cheo de pavos reais. entrar nel e unha experiencia do mais onírico sobre todo se viches al peliculas de emir kusturica. o principio ves un ou dous pavos alí e non che chama tanto a atención, pero de repente miras para unha das arbores porque che pareceu ver que algo se movia e atopaste que arriba dela hai outro pavo real mais, miras para o do lado e ves a outro mais e é xa cando empezas a alucinar, despois segues andando e atopaste a mais pavos paseando a sua bola mirandote indiferentemente como pasando de ti, e xa chegando o edificio que ten o parque nun lado e que creo que é a oficina de medio ambiente do concello( que mellor lugar para poñela non) ves que polo tellado pasea outro pavo real pavoneandose diante tua como dicindo: sube se eres capaz.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario