lunes, 28 de diciembre de 2009

arbores de pedra


A dia de hoxe ainda non sabemos que significan as espirais de pedra que atopamos talladas nas rocas de Galicia, eses circulos concentricos tan alucinantes e que se repiten en moitas partes da terra. Ou quizas si? hai vai a miña humilde teoría, veuseme a cabeza unha tarde de vrao cando andabamos a visitar campolameiro, un bonito concello do interior da provincia de pontevedra. Son ARBORES!!! fixadevos ben cando vexades un. cada circulo concentrico representa que a arbore vai crecendo, son as ramas, e o fio que sae do interior e o tronco. e o burato central representa a semilla. Ten moita loxica(ou eu polo menos lla atopo) que sexan arbores, das que sacaban alimento, combustible para o lume, e madeira para construir casi todolos seus utensilios. menos mal que este blog non o lee casi ninguen e que a miña humilde opinión e personal. ademais, se representaban animais e o velos sabemos que son animais, representaban armas, e o velas vemos que son armas, pq as espirais ian a ser mapas astronómicos de medición?, por non decir zonas de contacto ufologico.... fai 5000 anos non se paraba tanto a xente a andarse con andrómenas celestes, a vida era moi dura para perder o tempo. a maxia estaba nos propias arbores, e nas augas e mais nunha terra como a galega. PD: está e unha opinion personal e intransferible jajajaja

No hay comentarios:

Publicar un comentario