domingo, 27 de diciembre de 2009

a que hora pasa o que vai para coruña?


Sempre que pasei polo concello de cambre o primeiro que se me ven a cabeza e o bosque animado, a que eu personalmente considero a mellor novela sobre galicia, ainda que esté escrita en castelán. onde andará o fendetestas? e tanta a sua sona que moitas veces que te pos a falar con xente maior sobre bandoleiros, creen realmente que era un de verdade. pero por desgracia, se lle sacamos o pedazo pequeno da fraga de cecebre, a via do tren e algun toponimo mais que se mencionaba no libro como lema ou orto nada nos leva a pensar que no cambre de hoxe en dia está ambientada a novela de fernandez florez, pero logo un dia, pasas por cambre pq che queda de camiño para outro sitio, miras para unha marquesina e ali de supeto aparece o bosque animado con toda a sua maxia. pq si non estuveramos en cambre diriamos: que carallo fai un parauguas e un gato esperando o bus?

No hay comentarios:

Publicar un comentario