lunes, 25 de enero de 2010

el electricista de vilar de donas


no concello de palas de rei(din que ten ese nome por que o rei visigótico witiza tiña alí un palacio) atopamos a igrexa de vilar de donas. Un bonito templo de transicion do romanico o gótico. Para poder visitalo por dentro temos que ir a unha das casas da aldea para que antonio o electricista nos abra o templo. ainda que toda sua vida traballou de electricista, e asi cho repite sempre que pode, controla cantidade da historia da ulloa, esa comarca central de galicia, tan fascinante como descoñecida, e por ende tamen sobre a igrexa da sua aldea. coñecelo é unha desas sorpresas agradables que nos deparan as aldeas desta nosa terra. Cantas veces imos visitar algun templo destes con encanto, cargados de historia pero que por non saber que representan as escultura que alí atopamos vamonos con unha sensacion de mirar pero sen chegar a ver. o que mais chama a atencion, e unha das arquivoltas do portico de entrada a igrexa son nas que hai unhas flores de cardo, que según nos contou o señor antonio estan ali porque o templo era dunha orde relixiosa de escocia e claro para identificarse puxeronlle esas flores, que son o emblema escocés. tamen chama a atencion a figura dun canteiro cunha maza. Según nos contou, antiguamente o mestre de obras que remataba o edificio que estaba construindo tiña dereito a plasmarse nel. costoulle un pouco abrirnos a igrexa porque era noite xa, pero despois foi toda unha iniciacion coñercer o templo gracias as explicacións do electricista. vide outro dia con mais calma, que ainda quedan moitas cousas por ver, dicianos mentras alumeaba ca linterna a un anxo cun pergamino na man(ese representa o vello testamento, e o de o lado que ten o libro representa o novo) jajajaja

No hay comentarios:

Publicar un comentario