miércoles, 3 de febrero de 2010

horripolis a cidade dos horreos


perdido na terra de montes, atopamos un conxunto etnográfico do mais chamativo. un conxunto de 17 horreos coñecidos como a eira da hermida. chama a atención ver tanto horreo xunto sobre todo pola dispersion xeografica de sempre de galicia. parece unha cidade de horreos, unha horreopolis(din que unha vez atoparon nun control maritimo militar un horreo desmontado en pezas e os militares creeron que era un templete grego). entre os horreos paseaba un señor maior, con rasgos de emigrante retornado, a pasar os ultimos anos da sua vida a terra que o viu nacer. o volver a atopalo na aldea falamos con el, e nos contou que estivera toda a vida emigrado en venezuela, pero que non era desta aldea sinon de outra do lado, pero que viñera a dar unha volta por esta, pois de mozo tivo aquí algunha novieta, e o dicilo o rostro dese señor maior voltou a brillar como cando andaria a mozear por esta terra de montes. despois de falar un largo rato con el e despedirmonos, apareceu como "por casualidade" unha señora da aldea(cunha bañera na man en plan disimulo) e o vela, o señor soltoulle con retranca: anda canto tempo sin vermonos rapaza. a frase esa abarcaba de tempo uns 40 anos.............

No hay comentarios:

Publicar un comentario