viernes, 19 de febrero de 2010

lampai terra máxica


encantame visitar sitios con encanto pola noite, sempre que teñan iluminación, claro está. visitando unha vez as terras altas do concello de teo, na parroquia montesía de santa maria de lampai, despois de visitar a capela de santa ana,acercamonos a igrexa parroquial, que formaba parte dun antiguo mosterio medieval. abrin a porta da antigua casa rectoral(encantame entrar en sitios "prohibidos")e de supeto apareceron dous cabalos, un todo de color branco e o outro todo de color negro. era unha noite fria de inverno, con lua chea, e o cabalo negro parecía a noite e o branco a lua. acercaronse os dous a min pero o negro non se deixou acariñar, mentras que o blanco si, despois de acariñaralo un pouco e falar con el, mentras que o negro guardaba as distancias e mirabame como con desconfianza, despedimonos. a porta era desas de duas follas, das que podes abrir a parte de arriba ou a de abaixo. eu cerrei a parte de abaixo pero deixei a de arriba aberta, e o momento o cabalo branco asomou a cabeza e se quedou ollando fixamente para min, e ahi percibin que ia pasar algo extraño, e así foi, o outro cabalo, negro como a noite, separou ca cabeza o branco como a lua e despois, tamen ca cabeza fechou a parte de arriba da porta. uns intres despois, as nubes negras fixeron desaparecer a lua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario