viernes, 9 de marzo de 2012

gaxate













Hai sitios sorprendentes polo que de diferentes a norma son, eso mesmo é o que os fai particulares, e dalles certa personalidade de sitio distinto. un deles e a aldea de gaxate, no pontevedrés e montesio concello da lama, à que a maioria lles sonara simplemente e por desgracia, polas noticias: ingresa no carcere da lama..... bla bla bla, pero por sorte, ademais de talego, neste concello atopase gaxate, unha aldea toda ela che de enormes mansións, caseróns que nos retrotraen a principios do seculo vinte, si, aqui non che hai horreos, nin cortellos, era unha aldea de guiris, maiormente de vigo ou fillos da emigración que fuxiron do agobio da cidade(xa naquela epoca), e construiron estas vivendas non lugar alto, con aire puro. outra cousa curiosa e chamativa e a especie de peto de animas que se atopa o carón da ponte, pintando con vivas cores coma os pobos mariñeiros. se ides non facer coma min que pensei que unha casa ca porta aberta e vendoselle o salón tamén decorado rollo antiguo cos mobles de fai 50 anos polo menos, era unha taberna de toda a vida, e resulta que non, que era unha casa particular jajaja.

No hay comentarios:

Publicar un comentario