o vello cruceiro de vrins, atópase nun camiño pouco transitado, seguramente fai anos estaríao mais, pero agora como moitas corredoiras e congostras da nosa terra, perdeu a sua función principal de unir aldeas ou de camiño dende estas as terras de cultivo.
a vexetacíón rodeao por completo, e ademais faltalle unha das aspas que forman a cruz, está velliño o pobre........e é unha pena que fique así pois o final.....
outras veces, falando ca xente da aldea próxima o cruceiro polo que perguntaba, sempre había alguén que se transformaba na voz destas cruces e contàbame a súa historia, pero con este non, ninguèn sabe nada del, e que como o camiño donde se atopa, (que foi perdendo transito e vida), o mesmo pasoulle a el.
unha señora contoume que era parte dun via crucis a fisterra ou viceversa, e ainda que non sei se será verdade ou non, ten o seu sentido pois por estas terras do concello de santiago, antiguamente pasaría algunha via de peregrinación, temos que pensar que o camiño peregrino a fisterra pasa relativamente perto desta aldea, e que poderia ser que o crearse novos nucleos de poboacion e por ende novos camiños, este pasase a segundo plano, e asi con el tamén o cruceiro.
chama a atención por que non ten unha das aspas da cruz
No hay comentarios:
Publicar un comentario